Teatro

César No, gañador do IV Premio ‘A Pegada do Eco’ da ESAD, no Día Mundial do Teatro

Jacobo Sutil fíxolle entrega hoxe deste galardón, que organiza a Escola Superior de Arte Dramática en colaboración coa Agadic

Jacobo Sutil fíxolle entrega hoxe deste galardón, que organiza a Escola Superior de Arte Dramática en colaboración coa Agadic

César No, co texto Camiños de luz, é o gañador da cuarta edición do Premio ‘A Pegada do Eco’ de Teatro Radiofónico, convocado pola Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O galardón foille entregado hoxe en Vigo por Jacobo Sutil, director da Agadic, como peche do programa de actividades desenvolvido pola ESAD para celebrar o Día Mundial de Teatro.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Patrocinadores: Yolanda Pereira, da Fundación AISGE, Jacobo Sutil, director da Agadic, Ernesto Chao, Presidente da AAAG; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, e Patricia Blanco,

Patrocinadores: Yolanda Pereira, da Fundación AISGE, Jacobo Sutil, director da Agadic, Ernesto Chao, Presidente da AAAG; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, e Patricia Blanco,

 A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os/as nomeados/as aos XXI Premios María Casares, a gran festa do teatro cuxa gala se celebrará o próximo 29 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os espectáculos finalistas nas catorce categorías coas que contan os Premios déronse a coñecer na Festa dos Nomeados/as, deste 2017. O Salón Teatro de Santiago acolleu esta tarde o acto, presentado pola actriz e vogal da entidade Nieves Rodríguez, ao que acudiron a maior parte dos/as profesionais finalistas deste 2017. Rodríguez, na súa presentación, destacou que durante a inscrición aos premios un total de 44 espectáculos e ao redor de 400 profesionais, presentaron as súas candidaturas, sendo as cifras rexistradas máis altas ao longo da historia dos María Casares.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Producións Excéntricas estrea en Santiago ‘A cabeza do dragón’, o primeiro Valle-Inclán en galego

Quico Cadaval dirixe un elenco de oito actrices e actores nesta fábula esperpéntica da que se ofrecerán seis funcións no Teatro Principal o 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo, as tres primeiras incluídas na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios

Producións Teatràis Excéntricas estrea este venres no Teatro Principal de Santiago ‘A cabeza do dragón’.

Producións Teatràis Excéntricas estrea este venres no Teatro Principal de Santiago ‘A cabeza do dragón’.

Producións Teatràis Excéntricas estrea este venres no Teatro Principal de Santiago ‘A cabeza do dragón’, primeira versión en galego dunha peza de Ramón María del Valle-Inclán. Tras a liberación dos dereitos da obra do autor arousán, a compañía compostelá escolleu esta farsa esperpéntica para poñer en escena a Valle nun espectáculo de oito actrices e actores, con Quico Cadaval na dirección.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Fontevella cumple 22 anos sobre as tablas con ‘Vaia lío de Velorio!’

IMG_2114

Chelo Pampillón (sentada) directora de Fontevella e no papel de Carme, a irmá a defunta en ‘Vaia lío de Velorio!’.

Fontevella cumpre hoxe 22 anos de teatro de veteranos actores entusiastas desta arte. Celebrárono coa obra de Ana Santos ‘Vaia lío de velorio!’ baixo a dirección de Chelo Pampillón, alma mater deste grupo de actores “que xa cumpriron os trinta”, asegura Pampillón. Escolleuse para a estrea o auditorio do Centro Cultural do Porriño.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1

Elefante Elegante pecha esta fin de semana o ciclo de Nadal do Salón Teatro con ‘Danza da choiva’

Este espectáculo sen palabras combina teatro xestual, danza e manipulación de obxectos e monicreques nunha proposta para público familiar

Elefante EleganteO ciclo ‘Gran teatro para os máis pequenos’ do Salón Teatro de Santiago rematará esta fin de semana cunha nova oferta dobre que combina a posta en escena de ‘Danza da choiva’, de Elegante Elegante, cun taller de son para público infantil. Concluirá así a programación especial deseñada polo Centro Dramático Galego (CDG) para celebrar o Nadal na súa sede xunto aos espectadores máis novos, así como para facilitar a conciliación familiar durante estas festas.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A versión do ‘Tartufo’ de Molière do CDG represéntase en Vigo

Casilda Alfaro, César Cambeiro, Antela Cid, Xoán Fórneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero, Alejandro Saá e Patricia Torres conforman o elenco desta peza, que reflexiona sobre a impostura e a manipulación.

O Centro Dramático Galego avanza na xira de ‘Tartufo’, a súa última produción propia, coa que chegará este xoves día 1 a Vigo para ofrecer unha función ás 20.30 horas no Teatro Afundación. O galardoado director valenciano Carles Alfaro é o responsable da posta en escena desta versión da famosa comedia de Molière, para a que contou cun equipo artístico e técnico galego.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

As actrices Mabel Rivera e Belén Constenla ‘mabeleando’ na MIT Ribadavia tras recoller o co-premio de honra e dispostas a representar xuntas ‘Voaxa e Carmín’

IMG_2881

As actrices Mabel Rivera (d) y Belén Constenla (i) recogen el premio de honra da MIT 2016 en presencia del director artístico, Roberto Pascual (i) e do alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez.

As actrices galegas Mabel Rivera e Belén Constenla recibiron o premio de honra da MIT Ribadavia este sábado. Ambas amosáronse contentas e sorprendidas polo galardón.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

MIT Ribadavia inaugurase coa descuberta dunha placa de honra ao artista plástico Mon

Mon Devane. Autorretrato. Acrílico sobre escombro. 2016.

Mon Devane. Autorretrato. Acrílico sobre escombro. 2016.

O acto desta edición de 2016 será especial porque coincide coa decuberta dunha placa e dunha obra do artista plástico urbán MON (Ourense, 1985) na entrada do Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia, que a partir deste acto e por resolución do pleno do Concello de Ribadavia, pasará a denominarse “Auditorio Manuel María”, poeta e dramaturgo ao que se lle adican as Letras Galegas 2016, estreitamente vinculado coa Xeración Abrente de Teatro Galego.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada