Ayudas/Subvenciones/Premios

A Xunta pon en marcha a primeira convocatoria das unidades formativas en empresas con 332 cursos dirixidos a 3.200 persoas

IMG_3154O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe a posta en marcha da primeira convocatoria das unidades formativas en empresas que, cunha achega de 5,4 millóns de euros, permitirá desenvolver 332 cursos para dar formación adaptada ás demandas do tecido empresarial a 3.200 persoas, tanto desempregados como ocupados.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Un total de 71 Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira reciben axudas da Xunta por valor de 2,1 millóns de euros

vacasO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ás Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras (ADSG) de Galicia beneficiarias na convocatoria de 2018-2019. Neste caso esgotouse o crédito ata os 2,15 millóns de euros, beneficiando así un total de 71 agrupacións.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Xunta convoca os Premios Artesanía de Galicia 2018 en recoñecemento ao talento dos profesionais galegos

artesaníaA Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia 2018, que teñen como obxectivo recoñecer o talento e a traxectoria dos artesáns galegos, ademais de impulsar o relevo xeracional no sector. Os galardóns contan con tres categorías: Premio Artesanía de Galicia 2018, dotado con 6.000 euros; Premio Traxectoria, de carácter honorífico; e Bolsa Eloy Gesto, dotada con 4.000 euros para investir en formación especializada nun centro de prestixio.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Galicia apoiará con 1,3M€ a 340 pemes que avoguen pola conciliación, responsabilidade social e igualdade

pymesO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa de Consello a posta en marcha de tres liñas de axuda que, dotadas cun orzamento de 1,3 millóns de euros, apoiarán a 340 microempresas e autónomos que avoguen pola conciliación, a responsabilidade social e a Igualdade.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

As axudas para impulsar nas entidades sen ánimo de lucro a contratación de 200 mozos poden solicitarse ata o 15 de xuño

O desemprego entre os menores de 30 anos baixou no último ano nun 11,56%.

O desemprego entre os menores de 30 anos baixou no último ano nun 11,56%.

A Xunta acaba de abrir o prazo de solicitude das axudas dirixidas ás entidades sen ánimo de lucro para impulsar o emprego entre a mocidade. Ata o 15 de xuño poden solicitarse estes apoios, que contan cun investimento de máis de 2,5 millóns de euros.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Xunta abre o prazo para incorporar 25 novos centros ao Plan de mellora de bibliotecas escolares

barco biblioteca2A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares (Plambe) en centros públicos non universitarios para o curso 2018/19, co obxectivo de incorporar outros 25 centros a este programa. Cómpre lembrar que no actual ano académico hai un total de 630 centros de ensino incorporados.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

As familias galegas poderán acceder dun xeito máis sinxelo e áxil ao Programa de gratuidade solidaria de libros a través da internet

Dos niños cuelgan sus mochilas poco antes de comenzar la clase.

Dos niños cuelgan sus mochilas poco antes de comenzar la clase.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe na rolda de prensa de Consello que as familias galegas poderán ter acceso ao Programa de gratuidade solidaria de libros de texto dun xeito máis sinxelo e áxil, xa que, ademais de simplificarse o proceso para obter os libros e o material didáctico para alumnos con necesidades educativas especiais, se abre a posibilidade de presentar a solicitude pola internet.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Xunta abre unha bolsa de monitorado de tempo libre especialista en apoio a persoas con diversidade funcional

Read from my handsA Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, abre unha convocatoria para que as persoas interesadas poidan formar parte dunha bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional. Trátase de monitores e monitoras de tempo libre que conten con formación específica ou con formación acreditada neste eido.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada