A axenda dixital de Galicia 2020 mobilizará máis de 1.550 millóns de euros para articular e consolidar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital

A Axenda Dixital de Galicia 2020 mobilizará máis de 1.550 millóns de euros no período 2015 2020 para impulsar un modelo de crecemento baseado na economía dixital, que contribúa a dar resposta a desafíos aos que se enfr onta Galicia en todas ás áreas de desenvolvemento. A execución da nova estratexia tecnolóxica de Galicia, aprobada hoxe no Consello da Xunta, constitúe o maior investiment o en materia TIC da Comunidade, cun orzamento medio de 258 millóns de euros anuais.

 

A nova estratexia tecnolóxica galega contou para a súa elaboración coa participación de representantes das principais empresas da Comunidade, do sector TIC, das institucións públicas e da sociedade civil.

 

Tomando como base os logros acadados nos cinco anos de actuación da primeira Axenda Dixital de Galicia 2014.gal a nova estratexia establece 20 desafíos articulados arredor de cinco liñas estratéxicas: a valorización da Administración, a énfase na vida dixital, a aceleración da economía dixital, o estímulo ao crecemento do sector TIC e a articulación dixital do territorio. Estes cinco eixos constitúe n a verea que vertebra a Axenda Dixital de Galicia 2020.

 

Valorización da Administración.
Neste eixo formúlanse cinco desafíos para avanzar c ara a unha Administración dixital innovadora que se adianta ás necesidades e expectat ivas de cidadáns e empresas.
Para conseguilo, a Xunta puxo xa en marcha o Plan de Administración e Goberno dixitais 2020, que establece as medias para dar o salto da Administración electrónica á Administración dixital, que ofrecerá máis e mellore s servizos dixitais, sinxelos eficientes e personalizados, adoptando un modelo de atención integral e multicanle.

 

Avanzar cara ao Goberno aberto, impulsando unha nova relación bidireccional e transparente que faga partícipe a sociedade na definición e execución das solucións que precisa e políticas de compartición e reutilizaciónda información.

 

A estratexia prevé tamén a implantación de solución de Big Data para transformar o datos xerados pola Administración en coñecemento útil, que facilite a toma de decisións e permita adiantarse ás necesidades da sociedade.

 

Consolidar a interoperabilidade como o novo paradigma de relación entre as administracións. A Xunta xa se constituíu en nodo de interoperabilidade entre as administracións galegas e o Estado e avanzará nesta liña con novas medidas.

 

Para incrementar a inmediatez e a capacidade de resposta do Goberno galego, impulsaranse os servizos en mobilidade tanto entre administracións como para empregados públicos e cidadáns.

 

Con respecto ao eido xudicial, unha vez melloradas as infraestruturas, os medios e o equipamento TIC, agora avanzarase na consolidación e implantación da sede electrónica e do expediente xudicial.
Énfase na vida dixital
Neste eixo a Axenda busca dar resposta a catro desafíos orientados a consolidar a adaptación do modelo educativo na contorna dixital, favorecer servizos dixitais avanzados nos ámbitos dos servizos sociais e sanidade e asegu rar a inclusión dixital da cidadanía.

 

No eido educativo darase continuidade á estratexia para a integración plena das TIC co Proxecto Abalar, estendendo o libro dixital ata os 27.000 alumnos en 2017 e potenciando o papel dos docentes na creación de contidos.

 

En benestar e sanidade aplicaranse as TIC para o deseño de servizos intelixentes e integrais adaptados ás necesidades específicas dos diferentes colectivos e fomentando o autocoidado preventivo no fogar.

 

O último desafío deste eixo é acadar a autonomía dixital da sociedade para evitar a denominada “segunda fenda dixital”. Redefínese a estratexia de inclusión dixital para pasar da alfabetización á madurez dixital, posibilitando que calquera persoa acceda a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.
Aceleración da economía dixital
A dixitalización empresarial en sectores estratéxicos de Galicia como o sector primario, o turístico, o cultural e o do transporte, así a implantación de solucións dixitais innovadoras no tecido empresarial suman outros cinco desafíos da Axenda.

 

O Plan Smart Turismo 2014-2020 iniciou o camiño para facer de Galicia un destino turístico intelixente, no cal se seguirá avanzando para promo ver a prestación de servizos personalizados aos visitantes, potenciando o Camiño de Santiago cunha liña específica, SmartCamiño.

 

Promoverase a conservación do patrimonio cultural de Galicia aplicando as novas tecnoloxías, facilitando así o seu acceso e difusión. Un dos activos principais é a creación, xa en marcha, do Arquivo Histórico Documental, dentro do Arquivo Dixital de Galicia, que albergará os fondos dixitalizados do patrimonio doc umental.

 

A Axenda afronta o desafío de aumentar a competitividade do sector primario a través de solucións intelixentes que incrementen a eficiencia nos procesos de produción, optimicen a distribución e reforcen a xestión comercial dos produtos procedentes deste ámbito.

 

No eido do transporte o reto das TIC será responder de forma proactiva ás necesidades dos viaxeiros, desenvolvendo novos servizos intelixentes, integrais e personalizados.

 

Respecto ao tecido empresarial, o desafío é dar o paso cara á empresa 4.0, poñendo ao alcance das pemes tecnoloxías accesibles, vinculadas aos seu negocio. Esta aposta materializarse a través da Axenda da Competitivade de Galicia, que prevé medidas específicas para impulsar a Industria 4.0 con fábri cas intelixentes, automatizadas, flexibles, interconectadas e sociais así como o impulso da hibridación sectorial, a interconexión dos distintos sectores co sector TIC para abrir novas vías que melloren a competitividade.
Estímulo ao crecemento do sector TIC
Impulsar a consolidación do ecosistema dixital e o talento dos profesionais TIC son os dous desafíos da Axenda Dixital 2020 en canto ao sector tecnolóxico.

 

Avanzarase na consolidación dun hipersector tecnolóxico galego competitivo e innovador que xere redes de valor co resto dos axentes, empresas tractoras e sectores económicos que conformen un ecosistema dixital galego activo.

 

Ademais, impulsaranse as vocacións tecnolóxicas e novos perfís dixitais que satisfagan as necesidades do mercado TIC a medio e longo prazo, reforzando e adecuando a capacitación dos profesionais TIC á continua evolución tecnolóxica.

 

Articulación dixital do territorio
Neste ámbito a Axenda asume tres desafíos. Por unha banda, reforzar a seguridade cidadá aplicando as TIC para facilitar a prevención de riscos, catástrofes ou emerxencias. A nova Rede dixital de emerxencias, que entrará en funcion amento este ano, é unha das ferramentas que permitirá incrementar a capacidade de resposta ante situacións de risco.

 

O despregamento de redes ultrarrápidas é outro dos desafíos deste eido. O obxectivo de universalizar a cobertura de 30 Mbps en Galicia materializarse nun plan que se presentará a finais deste ano. Pero o reto abrangue, ademais, incrementar a adopción e uso destas redes por parte de cidadáns e empresas.

 

Reforzar a confianza dixital será chave para que a sociedade aproveite todas as vantaxes dunha contorna dixital. Para conseguilo traballarase para lograr unha maior garantía na seguridade dos servizos da Administración, que se concretará no Plan director de seguridade da información do sector público 2015-2017.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada