Galicia multiplica por tres a captación de fondos europeos de innovación do horizonte 2020

O Goberno galego ten na innovación un dos piares de crecemento e mellora competitiva do tecido produtivo galego, motivo polo que está a des envolver diferentes actuacións, prestando especial atención á captación de fondos europeos, cuxos retornos permiten multiplicar os investimentos iniciais, ampliando as oportunidades de Galicia de xerar crecemento a partir da innovación. Neste contexto, o Consello da Xunta coñeceu hoxe os resultados dos fondos europeos de innovación acadados en 2014, primeiro ano do Horizonte 2020, no cal Galicia multiplicou por tres a captación destes fondos.

 

Así, neste primeiro exercicio do Programa marco europeo, os centros tecnolóxicos e de investigación e as empresas galegas captaron un total de 14,7 millóns en 33 proxectos, o que multiplica por máis de tres os 4,7 millóns logrados durante 2007, ano inicial do anterior programa, demostrando deste xeito a boa saúde do Si stema galego de innovación.

 

O traballo desempeñado polo Goberno galego ten contribuído de xeito importante á consecución destas cifras. Neste sentido, a capacidade de captación galega benefíciase das medidas deseñadas no marco da Estratexia de especialización de Galicia (RIS3) para que os axentes do Sistema de innovación teñan un mellor acceso aos fondos europeos.

 

Con esta estratexia, a Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación, está a impulsar distintas medidas de estímulo que van desde actuacións de información, formación, asesoramento personalizadoe apoio na presentación de propostas ata a convocatoria de programas específicos como os bonos de innovación, cos cales se están a homologar axentes intermedios financiando a súa contratación por parte das empresas para preparar proxectos de I+D+i capaces de captar financiamento.

 

Líderes en catro de cada dez proxectos

 

O informe presentado hoxe no Consello da Xunta reflicte tamén, en relación ao primeiro ano do 7º Programa marco, que o número de proxectos galegos aprobados nas convocatorias da UE se incrementou nun 40%, duplicá ndose o retorno medio por iniciativa.
Ademais, a nivel cualitativo, Galicia multiplicou por catro o número de proxectos en que exerce como líder, ata liderar catro de cada dez iniciativas en que participan entidades galegas.

 

Así mesmo, no contexto estatal, Galicia logrou un crecemento moi destacado na comparación entre os mesmos exercicios, experimentando un incremento en relación ao 2007 seis veces superior ao do conxunto nacional. Deste xeito, mentres España conseguiu aumentar un 35% a contía dos fondos captados, a comunidade superou o 200% de incremento.

 

Estes datos son un indicador fiable da competitividade e da excelencia investigadora dos centros galegos, xa que son as tres universidades, os centros tecnolóxicos e o Sergas as entidades que lograron captar máis fondos: un total de 10 millóns de euros, o que supón as dúas terceiras partes do total. Polo que se refire ás empresas, lograron cuadriplicar os fondos conseguidos en 2007, o maior incremento entre os axentes do Sistema galego de innovación.

 

Traxectoria ascendente ata os 120 millóns

 

O Horizonte 2020 céntrase en tres prioridades: xerar ciencia excelente e competitiva; fomentar o liderado industrial para apoiar as empresas, incluídas especificamente as pemes e afrontar os retos da sociedade. A aposta da UE para acadar estes obxectivos supera os 77.000 millóns de euros, o que supón unha oportunidade ineludible para as empresas e entidades de Galicia.

 

A Xunta marcou como obxectivo traer un total de 120 millóns de euros procedentes do Horizonte 2020. Neste sentido, durante os vindeiros exercicios iranse activando cada vez máis convocatorias de axudas, o que permitirá incre mentar a contía dos retornos como xa ocorreu cos programas anteriores.

 

Cómpre salientar que o Horizonte 2020 reserva 1.150 millóns á activación da fábrica intelixente, un dos obxectivos da Axenda da Competitividade Galicia – Industria 4.0 que está a desenvolver a Xunta. Na convocatoria de 2014 , dous proxectos galegos obtiveron financiamento neste campo. Unha destas iniciativas está liderada polo CTAG centrándose no impulso das novas tecnoloxías para a fabricación de pezas de composite, e participan compañías como Ford, Airbus ou Grupo Antolín. Aimen encabeza o outro proxecto para a fabricación por láser a través de técnicas de análi se de imaxe. Entre os socios de Aimen neste proxecto atópanse Fiat ou Fraunhofer.

 

Así mesmo, no Horizonte 2020 seguirán a ter un peso fundamental as pemes galegas co obxectivo de incrementar a súa competitividade, con tando por primeira vez con convocatorias de axudas específicas, tendo en conta que máis do 70% das empresas participantes en proxectos europeos logran mellorar o seu posicionamento internacional, á vez que máis do 40% incrementan a súa facturación e o seu cadro de persoal.

 
Como caso de éxito, a empresa máis nova de Europa e n recibir financiamento do instrumento específico para pemes do Horizonte 2020 é galega, o que demostra a efectividade de apostar por estratexias de posta en valor do coñecemento no mercado.

 

Trátase da spin-off Torus, compañía creada na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, e procura solucións de software de comunicacións ultrarrápido para os ámbitos das finanzas, as telecomunicacións e a enerxía. Ademais, tamén conseguiron financiamento grazas a este instrumento as compañías galegas Hidronav Technologies, Nanoinmunotech e Bridge Mediatech.

 

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada