UVigo chega aos seus 25 anos “cada vez máis preto das empresas, fonte de creación de emprego e internacional’, afirma o reitor

25 anos de existencia sintetizados en pouco menos de 50 minutos. Cunha gala celebrada esta tarde no auditorio da sede de AFundación en Vigo a Universidade de Vigo abriu o programa de actos que ao longo de 2015

Feijóo ve no 25 aniversario da Universidade de Vigo “un éxito colectivo” que “constata que os galegos somos quen de facer grandes cousas xuntos e durante moito tempo”. XOÁN CRESPO.

Feijóo ve no 25 aniversario da Universidade de Vigo “un éxito colectivo” que “constata que os galegos somos quen de facer grandes cousas xuntos e durante moito tempo”. XOÁN CRESPO.

se sucederán para conmemorar unha efeméride que ten a súa orixe na segregación das universidades de Vigo e de A Coruña da de Santiago de Compostela da que ata entón dependían. Comeza entón a historia da universidade do sur de Galicia, que no acto de hoxe foi obxecto dunha profunda análise por parte de quen forma ou formou parte dela, desde os seus reitores, persoal docente e investigador e de administración e servizo, alumnado, así como responsables de institucións políticas, académicas, económicas y culturais do país.

Nun acto conducido pola presentadora Lorena Pose e no que o grupo Caxade e o mago Xacobe foron os encargados de poñer a música e a maxia, o presidente da Xunta, o alcalde de Vigo e o reitor da Universidade de Vigo destacaron nos seus discursos algúns dos feitos máis relevantes da historia da institución, así como a importancia da súa creación para Galicia. Os discursos en directo de Núñez Feijóo, Caballero e Mato, foron intercalándose con pezas audiovisuais protagonizadas tanto por membros da comunidade universitaria, como por persoas alleas a ela, nas que abordaban diferentes aspectos sobre a súa relación coa institución, que durante o vindeiro ano impulsará un completo programa de actos nos que o coñecemento, a investigación, a cultura e o deporte, serán o eixo central das conmemoracións do 25 aniversario.
Revindicación da actitude UVigo

Salustiano Mato comezou o seu discurso destacando os logros dos seus antecesores no cargo, empezando por Luis Espada, que xunto ao entón reitor de Santiago, Carlos Pajares, “puxo os alicerces deste centro de educación superior”. Co segundo reitor da Universidade de Vigo, José Antonio Rodríguez Vázquez, Mato lembrou que se “perfilaron o campus de Ourense e Pontevedra”, mentres que na etapa de Domingo Docampo definiuse “o que sería a noso modelo de Universidade: nova e innovadora”. Unha vez acadadas cotas de excelencia, o actual reitor, sinalou ao seu antecesor no cargo, Alberto Gago, como o responsable “da primeira etapa de especialización” cun proxecto como Campus do Mar, que ten continuidade cos campus da Auga, Crea e o Vigo Tecnolóxico.

Xoán Crespo.

Xoán Crespo.

A partir de aí, Mato centrouse na Universidade do presente, “cada vez máis preto das empresas, fonte de creación de emprego e internacional. Isto é o que somos.”, dixo o reitor, que a continuación apuntou os que considera retos de futuro. “Defendemos unha universidade que sexa determinante para o desenvolvemento económico e social do país e que debe actuar nun mundo global”, sinalou o reitor, que tamén asegurou que “debemos empregar o noso talento para ser cada vez máis donos de nós mesmos”. Unh independencia que Mato situou ao mesmo nivel que o recoñecemento e identificación que agarda que a sociedade civil acade coa institución, porque, segundo o reitor, “Nós comos nós e vós sodes parte de nós. Esta é a actitude Uvigo”, dixo.
Historia dun éxito colectivo

O alcade de Vigo, Abel Caballero, en 1989 catedrático máis antigo da institución académica viguesa, lembrou que foi, debido a esta condición invitado a pronuniciar a lección inaugural do primeiro acto da recén creada Universidade de Vigo. A partir de aí, Abel Caballero asegurou no seu discurso que “a creación da Universidade cambiou a cidade”, chegando a defiinir este feito como “un dos fitos históricos máis importantes” , ao tempo que agradeceu o traballo desenvolvido por todos os membros da comunidade universitaria a prol da construción da ciencia e a docencia.

Pola súa banda o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse ao proceso de segregación das universidades de Vigo e A Coruña como “o primeiro gran reto do poder autonómico”, para afirmar a continuación que “estes 25 anos son a historia dun éxito colectivo dos galegos”. Tras agradecer o papel desenvolvido ao longo deste anos polos alcaldes e a alcaldesa de Vigo, así como polos presidentes da Xunta, Feijóo referiuse ao necesario espírito de “continuidade” e manifestou o seu desexo de que “dentro doutros 25, 50, 100 ou 150 anos, esta universidade siga a representar a fortaleza dun pobo”.
Durante a súa intervención, Feijóo destacou que 1989 é o ano no que a Universidade galega se transforma, se adapta aos tempos e se axusta á realidade dun país diverso e pluricéntrico, dotado de territorios que reclamaban o seu protaganismo. “E se o autogoberno chegou da man do consenso, a nova realidade universitaria seguiu unha pauta idéntica”, aseverou, ao que engadiu que todos os que traballaron na universidade, con ela ou para ela, fixérono convencidos de que o seu país tiña futuro, e que ese futuro dependía en boa medida da súa Universidade.

O presidente da Xunta tamén aproveitou a súa intervención para deixar claro que dunhas institucións creadas en 1989 cunha filosofía xeralista e que se replicaban, circunstancias como a regresión demográfica, obrigan a virar esta orientación cara uns campus fortes, innovadores e especializados, "un perfil", que dixo Feijóo, "acreditan os campus da Universidade de Vigo". XOÁN CREPO.

O presidente da Xunta tamén aproveitou a súa intervención para deixar claro que dunhas institucións creadas en 1989 cunha filosofía xeralista e que se replicaban, circunstancias como a regresión demográfica, obrigan a virar esta orientación cara uns campus fortes, innovadores e especializados, “un perfil”, que dixo Feijóo, “acreditan os campus da Universidade de Vigo”. XOÁN CREPO.

O titular da Xunta subliñou que ao igual que a democracia, a universidade precisa dunha constante revitalización. “Mentres que os diferentes autoritarismos morren se evolucionan, a democracia esmorece se non o fai. A democracia pide novas ideas, novos plantexamentos, rebeldías construtivas”, dixo, poñendo de manifesto que, no eido universitario, a regresión xeográfica, a elevada taxa de paro xuvenil e as novas potencialidades que latexan na sociedade galega, obrigan a renunciar a obxectivos particulares e a corto prazo, para centrarse en visións sistémicas e a longo prazo.

Nesta liña, subliñou que a Galicia do século XXI demanda ás súas universidades campus fortes, consolidados, produtivos, atractivos, innovadores e especializados, e asegurou que a Administración autonómica intenta fomentar ese perfil.

Sobre este aspecto, o presidente da Xunta referiuse ao Consorcio entre as tres universidades galegas para a xestión de fines de interese común e á posta en marcha dun Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego para o período 2011-2015, que garante a estabilidade. “Patrocinamos a igualdade de oportunidades, mediante a conxelación das matrículas por cuarto ano consecutivo, convertendo os nosos centros de ensino superior nos máis asequibles de España; complementamos as bolsas do Ministerio; premiamos a excelencia; apoiamos en casos de dificultades sobrevidas para garantir a continuidade dos estudios; facilitamos a especialización de egresados en situación de desemprego; e, xestionamos o talento e apostamos pola investigación universitaria”, engadiu.

O responsable do Goberno galego salientou que Galicia leva moitos séculos sentindo que a Universidade é unha especie de corazón que impulsa o mellor de nós, que irriga o corpo do país de ideas, sabedoría, liberdade e tolerancia. “Entre Galicia e as universidades prodúcese unha influencia mutua e enriquecedora”, dixo, logo de precisar que se Galicia achega unha maneira de ver o mundo sen muros, con fiestras e pontes, as universidades converten ese sentimento en ciencia. “Non pode haber mellor complementariedade”, aseverou.

Os ex reitores, memoria viva da institución

Foron os ex reitores Espada, Rodríguez Vázquez, Docampo e Gago, os encargados de exercer de memoria histórica da institución. A través dos seus testemuños os responsables de dirixir a Universidade de Vigo entre os anos 1989 e 2010, debullaron algúns dos feitos máis salientables dos seus respectivos mandatos, así como as ideas sobre as que se substentaron os mesmos. Así, Luis Espada (1989-1994) destacou as dificultades de atender as necesidades dunha institución recén segregada de Santiago, que carecía das infraestruturas mínimas para atender a un alumnado “que medrou exponencialmente pasando de 11.000 a máis de 20.000 en catro anos”. José Antonio Rodríguez Vázquez (1994-1998) incidiu nos retos que lle tocou enfrontar nunha institución con pouco máis de catro anos de vida, así como da “relevancia de calquera acción que naquel momento se levaba a cabo”.

Pola súa banda, Domingo Docampo (1998-2006), salientou o traballo realizado durante a súa etapa como reitor por mudar o xeito no que a Universidade competía externamente, “tratamos que os incentivos foran alilñados para procurar financiamento fóra de Galicia e fóra de España”,asegurou en relación cun período no que dixo “comezou esa obsesión que agora é un dos sinais de identidade da Universidade”. Mentres, Alberto Gago (2006-2010) puxo o acento na importancia que tivo hai 20 anos tomar a decisión de coller as rendas da institución e apostar por un modelo “moderno, esixente, competitivo e cunha mensaxe de resultados hacia adentro e cunha mensaxe moi rotunda de participación e interacción e transferencia cara fóra”.
A comunidade universitaria e a sociedade civil

En representación do persoal docente investigador, PDI, David Posada, Raquel Nieto, Yolanda Herránz, Edita de Lorenzo, Xosé Manuel Cid e Roberto Barcala, lembraron algúns aspectos dos seus inicios na Universidade, onde chegaron, como no caso do catedrático do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía David Posada, tras un periplo no estranxeiro e onde na actualidade asegura sentirse “moi contento e seguro de que se pode facer boa investigación desde aquí”. Pola súa banda a xefa do Servizo de Contabilidade, María Dolores Ojea; a responsable de Asuntos Económicos da Facultade de Ciencia da Educación e do Deporte, Mari Escaloni e o conserxe do Edificio Facultades do campus de Ourense Juan Lorenzo, reflexionaron sobre a súa traxectoría na institución e mesmo sobre o primeiro día de actividade na que, como no caso de Lorenzo, destinado do campus de Vigo ao de Ourense, un policía local aseguroulle que na cidade das Burgas “non había universidade e que esta estaba en Santiago de Compostela”.

As opinións e experiencias vividas na Universidade de Vigo completáronse neste acto cos testemuños, por unha banda do alumnado dos tres campus e, por outro, de personaxes relevantes da sociedade galega. Estudantes dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra, algúns deles estranxeiros, sinalaron o profesorado, a variedade das titulacións, así como o seu desexo de acadar unha formación que lles permita incorporarse ao mercado laboral, como algúns dos aspectos máis salientables da súa experiencia universitaria. Pola súa banda, os reitores das universidades de Santiago e A Coruña, así como os alcaldes de Ourense e Pontevedra e os presidentes da Conferederación Galega de Empresarios e do Real Club Celta, manifestaron a importancia de contar cunha institución de ensino superior no sur de Galicia, ao tempo que felicitaron á institución polo seu 25 aniversario

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada