O novo decreto que regulará a actividade profesional dos guías de turismo de galicia garantirá un servizo de calidade

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto que regulará a actividade profesional dos guías de turismo de Galicia logo do seu sometemento ao ditame do Consello Consultivo de Galicia.

 

Entre as principais novidades, a nova normativa incorpora o procedemento de habilitación directa baseada na posesión dos títulos de Técnico superior en Guía, Información e
Asistencia Turísticas ou o grao ou diplomatura en Turismo, sen necesidade da superación de probas específicas.

 

Así mesmo, con este novo decreto, a habilitación adquire unha duración indefinida que xa non precisará da súa validación cada cinco anos, co mo acontecía na actualidade.

 

No que se refire á prestación de servizos ou ao establecemento e ao posible recoñecemento de cualificación profesional, establece réximes distintos segundo a procedencia do guía de turismo, e diferencia se procede doutra comunidade autónoma, da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou dun país terceiro.

 

Ademais, o novo proxecto de decreto amplía o ámbito de aplicación da norma e comprende tanto a liberdade de prestación de servizos como o establecemento.

 

Non obstante, desde Turismo de Galicia promoveranse os guías rexistrados no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia por estaren habilitados pola propia
Administración autonómica galega e, polo tanto, por dispoñeren dos mellores coñecementos sobre Galicia.

 

Xunto co anteriormente sinalado, para garantir a calidade e unha axeitada prestación dos servizos, o novo decreto prevé a organización ou homologación, por parte de Turismo de Galicia, de cursos de formación, é a asistencia a estes será voluntaria.

 

O decreto non ten carácter retroactivo polo que establece a conservación de todos os dereitos dos guías de turismo habilitados ao abeiro da normativa anterior. Así mesmo, a nova normativa dispón que se habilitará de oficio os guías de turismo especializados de Galicia de ámbito provincial ou autonómico como guías de turismo da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Na elaboración desta norma tivéronse en conta as asociacións, entidades e organizacións afectadas e interesados mediante a súas achegas no trámite de audiencia e de exposición pública.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada