A Xunta suma preto de 2 millóns á súa aposta pola competitividade dos centros tecnolóxicos consolidados

Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).

Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).

A Xunta de Galicia, na súa aposta por impulsar a tr ansferencia de resultados da investigación á empresa, mellorando deste xeito a competitividade do tecido produtivo galego, destina este ano preto de 2 millóns de euros a unha nova convocatoria de axudas que, baixo a fórmula dos contratos- programa, facilitará a actividade innovadora dos 6 centros tecnolóxicos galegos consolidados: AIMEN, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), ANFACO-CECOPESCA, Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG)– aos que recentemente se sumou EnergyLab.

 

Así, e segundo coñeceu hoxe o Consello da Xunta, a Consellería de Economía e Industria reforza o compromiso coa competitividades destes centros a través dunha liña orientada ao seu financiamento estable, é dicir, non dependente de proxectos concretos, con especial atención aos recursos humanos. As axudas, de carácter competitivo, estarán suxeitas ao cumprimento de exixentes indicadores de resultados.

 

Deste xeito, o Goberno galego, a través da Axencia Galega de Innovación, dá continuidade ao traballo desempeñado ata o de agora no apoio ao funcionamento estable dos centros tecnolóxicos e de investigación galegos a través decontratos- programa. Esta fórmula permitiu achegar, entre 2013 e 2014, 4,2 millóns aos centros consolidados. Coa nova convocatoria, a aposta da Xunta por estes centros tecnolóxicos recoñecidos pola súa excelencia supera os 6 millóns de euros nos tres últimos anos.

 

Esta medida enmárcase no interese da Xunta por cont ribuír a que Galicia conte con centros tecnolóxicos fortes e excelentes como a mellor vía para que poidan responder de maneira competitiva ás necesidades do tecido empresarial. N esta liña sitúanse tamén os programas para empresas que esixen a contratación de centros, como é o caso do Conecta Peme, e as unidades mixtas de investigación, nas que están a cooperar centros e grandes empresas para impulsar en Galicia liñas de I+D punteiras.

 

Oportunidade no eido dos recursos humanos

 

Os contratos-programa encádranse no desenvolvemento da Estratexia de Especialización Intelixente – RIS3, cuxas liñas de actuación se orientan á captación de financiamento, ao apoio ao talento galego e á transferencia de result ados da investigación ao mercado. Así, as axudas ligadas a estes contratos- programa non só posibilitan o financiamento de equipamentos, investimentos ou subcontratacións, senón que resultan unha vía fundamental para a retención de capital humano mediante actuacións que facilitan a contratación, consolidación e formación de persoalinvestigador.

 

Os requisitos para o acceso a este financiamento están baseados en exixentes indicadores de actividade, centrados prioritariamente na capacidade para transferir resultados á empresa e, polo tanto, contribuír de maneira decisiva na competitividade e no crecemento da economía galega. Neste sentido, os compromisos que os centros deben cumprir están condensados nun número moi limitado de criterios, p ero moi intensivos (contratos e unidades mixtas con empresas, patentes, etc.). Isto débese á intención de incentivar os esforzos nas partes que xeran máis valor da activid ade que levan a cabo os centros.

 

Esta forte aposta enmárcase no interese da Xunta po r garantir o óptimo funcionamento dos centros tecnolóxicos, nos cales radica un gran potencial para xerar coñecemento transformable en innovación mediante a súa valorización no mercado. O acceso a fondos de carácter estrutural, que permiten manter un nive l competitivo nos seus recursos humanos e materiais, é fundamental para que estes centros cumpran o seu cometido no Sistema galego de innovación.

 

As axudas serán obxecto de anticipos por valor do 5 0% do total concedido, o que ten por obxecto optimizar a eficacia dos investimentos públ icos en I+D+I, permitíndolles aos beneficiarios contar cunha parte importante das axudas con antelación, o que contribúe a unha mellora da súa liquidez.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada