A Xunta impulsa actuacións de eficiencia enerxética e mellora competitiva que aforran 12 millóns na industria galega ata 2020

Portugal:Serpa Solar Power PlantA Xunta de Galicia ten no aforro e na eficiencia un dos piares fundamentais da súa política enerxética. Por este motivo, e confiando na influencia desta área na mellora da competitividade do tecido empresarial galego, a Consellería de Economía e Industria está a impulsar nos últimos anos, a través do Inega, unha liña de axudas específica para a industria e o sector servizos. Unha convocatoria cuxa resolución coñeceu hoxe o Consello da Xunta e que permitirá desenvolver 113 proxectos que, grazas á diminución dos seus consumos enerxéticos, acadarán un aforro económico conxunto de 12 millóns de euros ata o ano 2020.

 

Neste sentido, o programa que acaba de resolverse, e que contaba cun orzamento de 1,8 millóns de euros, mobilizará máis de 6 millóns no desenvolvemento destas actuacións, contribuíndo á mellora competitiva dos sectores ind ustrial e de servizos, que en Galicia representan o 45% e o 9% do consumo de enerxía final, respectivamente. Así mesmo, a iniciativa permitirá ás compañías aforrar máis de 2 .800 toneladas equivalentes de petróleo ao ano, evitándose a emisión á atmosfera de máis de 6.500 toneladas anuais de CO2.

 

Entre as actuacións aprobadas, e como principal novidade, destacan este ano 14 proxectos que, en liña coa Axenda da Competitividade Galicia – Industria 4.0, promoverán á implantación de sistemas de procesamento avanzado de datos e intelixencia artificial aplicados á optimización do consumo enerxético, no camiño cara á fábrica intelixente que busca o Goberno galego para o tecido empresarial da Comunidade. O obxectivo é dotar as industrias beneficiadas de programas capaces de reaxustar, de xeito sistemático, algúns dos seus parámetros en función das experiencias pasadas, co obxecto de optimizar o consumo.

 

Así mesmo, apoiaranse proxectos de renovación de caldeiras de derivados de petróleo por outras de biomasa ou de gas natural ou por bombas de calor; a implantación de luminarias máis eficientes; a posta en marcha de medidas de co ntabilización, monitorización e telexestión de consumo de enerxía; e a implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme a norma ISO 50.001. No desenvolvemento destas iniciativas, cómpre salientar a consolidación da figura das Empresas de Servizos Enerxéticos (ESE), que participarán en preto do 10% das iniciativas, abri ndo novas posibilidades de financiamento con base nos aforros enerxéticos e económicos obtidos.

 

Un ano máis, o programa contou cun amplo apoio por parte dos sectores industrial e de servizos, como amosan as preto de 400 solicitudes recibidas. Neste sentido, a través desta liña, activada por primeira vez en 2013, a Consellería de Economía e Industria participa aproximadamente de 300 iniciativas de aforro e eficiencia que xeran un aforro anual próximo aos 6 millóns ao ano, impulsando a competitividade e reducindo ás emisións contaminantes de Galicia.

 

Deste xeito, o Goberno galego reforza o seu compromiso coa eficiencia enerxética e permitiu, desde 2009, aforrar 80 millóns de euros na industria galega grazas aos programas de aforro enerxético e de promoción de fontes renovables como a biomasa ou a xeotermia que está a promover o Inega.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada