O “.GAL” será o dominio de referencia da administración pública autonómica na rede

A Xunta consolida o “.gal” como dominio que identif icará todas as súas iniciativas en
internet. Así se recolle no proxecto de decreto polo que se regula a organización da
presenza na internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, aprobado hoxe polo Consello do Goberno galego.

 

O decreto determina un novo modelo de presenza na rede para a Administración autonómica, que establece a adopción do dominio .gal para todos portais institucionais, que se estruturan arredor de www.xunta.gal, como porta de entrada a todos os espazos e servizos web sociais e participativos dos organismos e entidades que integran o sector público autonómico. Desde a entrada en vigor do presente decreto, todas as novas iniciativas web da Administración deberán utilizar o dominio .gal.

 

O emprego de “.gal” estenderase tamén a todos os enderezos de correo corporativo, que se configura como o dominio de uso xeral e único pa ra toda a Administración autonómica.

 

A adaptación ao novo dominio desenvolverase de xeito paulatino durante un prazo de dous anos e sen que supoña ningún custo adicional para a Administración autonómica.

 

Apoio da Xunta ao “.gal”

 

O 25 de xullo de 2014 entraron en funcionamento os primeiros dominios “.gal”, resultado dun proceso de oito anos, impulsado pola Asociación puntoGal, que contou coa implicación de diversas institucións, entre elas a Xunta de Galicia, que apoiou a iniciativa institucional e financeiramente. A Administración autonómica foi unha das entidades pioneiras que nesa xornada activou 9 dominios .gal en internet.

 

En coherencia con esta implicación, e entendendo que o dominio .gal é unha oportunidade para o posicionamento de Galicia e da lingua galega na internet, a Administración autonómica galega decide adoptar de maneira preferente o dominio .gal para a súa presenza na rede.

 

Logro histórico
A consecución do dominio “.gal” foi un fito histórico, froito do apoio de toda a sociedade galega. Ao obxectivo de acadar un dominio en galego se adheríronse máis de 14.000 cidadáns, 114 institucións das máis diversas discip linas, xunto con máis de 20 centros de emigrantes doutras comunidades autónomas e doutros países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina, Estados Unidos,Uruguai ou Brasil.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada