A IV Carreira da Cereixa ten aberta a inscrición ata o 28 de maio

mapacarreraA IV Carreira da Cereixa, en Beade-Vigo, se celebra o domingo 31 de maio, organizada pola AVV de Beade. O prazo de inscrición remata o xoves 28. Aquelas persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web www.cronotec.es


A lonxitude do recorrido é de 5 quilómetros, unha volta. A saída estará na carretera Coutada Beade, no cruce Seixiños e a chegada no CSCR Beade-Vigo.
Os tres primeiros clasificados levarán un trofeo. Os demais participantes unha medalla conmemorativa. Tamén haberá un sorteos dun agasallo entre todos os participantes.
Xuvenis, Cadetes, infantis e Alevíns serán as categorías participantes cun percorrido de 5 quilómetros. Para as categorías de benxamins e prebenxamins o percorrido vai ser de 1 quilómetro e medio.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada