O grupo de música tradicional Treixadura, broche de ouro da XXX Festa-Feira da Cereixa de Beade-Vigo

TreixaduraA trixésima Festa-Feira da Cereixa terá como broche de ouro a actuación en Beade-Vigo do grupo de música tradicional Treixadura o domingo 7 de xuño, a partir das 20.30 horas.

 

Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita, segundo a presentación na web desta formación musical.

 

“Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel”, din de si mesmos.

 

“Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva”.

 

“Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional”.

 

“25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo”.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada