Expourense engade dous socios á súa rede de cooperación transfronteiriza co Norte de Portugal

Participación de Expourense na inuaguración da Mostra 100% Alto Minho de Viana do Castelo e sobre a sinatura dun convenio de cooperación transfronteiriza coa Confederación de Empresarios do Alto Minho.

Participación de Expourense na inuaguración da Mostra 100% Alto Minho de Viana do Castelo e sobre a sinatura dun convenio de cooperación transfronteiriza coa Confederación de Empresarios do Alto Minho.

Expourense ampliou onte a súa rede de cooperación transfronteiriza co Norte de Portugal asinando un convenio de colaboración a tres bandas coa Confederación Empresarial do Alto Minho (CEVAL) e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM). Súmanse así á lista de entidades e institucións do Norte de Portugal cos que o recinto feiral mantén distintos acordos para a promoción de proxectos vencellados con distintos sectores, pero sobre todo en materia de turismo, gastronomía e termalismo.

 

A sinatura deste convenio tivo lugar no marco do acto inaugural da primeira edición da ” Mostra 100% Alto Minho” que se celebra ata mañá no Centro Cultural do Alto Minho en Viana do Castelo. Participaron nesta sinatura os presidentes das tres entidades implicadas: o do comité executivo de Expourense e da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada; o da CEVAL, José Luis da Rocha, e o da CIM Alto Minho, José María Costa. Estas entidades cobren os dez municipios da rexión do Alto Minho : Viana do Castelo, Ponte de Lima, Arcos de Valdevez, ponte dá Barca, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha.

 

Expourense participou como convidado especial na inauguración da “Mostra 100% Alto Minho”, unha cita que estivo presidida polo Secretario de Estado de Alimentación de Portugal, Nuno Vieira de Brito. Esta feira está promovida pola Entidade de Turismo Porto e Norte, o principal socio de Expourense no Norte de Portugal. Ten como obxectivo promover recursos endóxenos do Alto Minho. Estarán presentes máis de 30 expositores do distrito de Viana do Castelo de sectores relacionados cos afumados (o xurelo afumado é unha das grandes apostas desta cita), os viños ou a repostaría, todo iso dende unha óptica relacionada coa innovación e o emprendemento.

 
Esta Mostra comparte obxectivos con Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que organiza Expourense e que pasan por promocionar a calidade e autenticidade dos recursos autóctonos para que fomenten o turismo de proximidade entre Galicia e o Norte de Portugal.

 

A presenza de Expourense neste evento serviu para reforzar a cooperación transfronteiriza existente entre Expourense e a Entidade de Turismo Porto e Norte, unha alianza que está a dar bos resultados como puido verse na última edición de Xantar, durante a que esta rexión foi unha das protagonistas de esta cita cunha presenza importante de expositores e visitantes desta rexión. Municipios da rexión do Alto Minho como Viana do Castelo ou Ponte de Lima xogan sempre un papel destacado na cita galega.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada