O Salón do Cabalo de Galicia, atractivo para todos os afeccionados galegos e de toda España amantes do mundo do cabalo

Reproducción de un fragmento del cartel.

Reproducción de un fragmento del cartel.

A oitava edición de “EQUIGAL-Salón do Internacional do Cabalo de Galicia”, abrirá as súas portas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 5 al 7 de xuño de 2015. Esta nova edición do Salón do Cabalo de Galicia, tratará de atraer á cidade das murallas a todos os afeccionados galegos e de toda España amantes do mundo do cabalo.

 

Dende o seu comenzo no 2008, Equigal tivo un crecemento espectacular, consolidándose coma unha no Salón Ecuestre máis importante e un referente no noroeste de España e que demostra unha clara evolución do sector ecuestre en Galicia como xerador de recursos económicos e emprego. Para levar a cabo este certame conta coa colaboración da Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE) e a Asociación de Criadores de Cabalos Españoles de Galicia (ACCEGA), que está integrada en ANCCE o que permite que conte cun gran prestixio a nivel nacional e internacional avalado polas exportacións de cabalos das súas ganderías a diversos países de Europa e América.

 

Equigal, asegura ano tras ano un éxito de participación e público, superando nas últimas edicións a cifra de 8.500 visitantes. O Cabalo de Pura Raza Española xera en Galicia un volume de negocio millonario. Entorno ao cabalo español gravitan diversos sectores de capital importancia, en concreto, os relacionados con eventos, concursos e certames dedicados ao cabalo de Pura Raza Española, a compra-venta de exemplares, a venda de semen para o exterior, destinado a mellorar tanto á propia raza como a doutras cabanas gandeiras, etc.

 

Indirectamente tamén xera altas cifras de negocio en campos como o da nutrición, a maquinaria agrícola, empresas relacionadas coa fabricación de infraestruturas: boxes, peches de finca, acondicionamento de cuadras, sen esquezernos do ámbito veterinario, o sector da guarnicionería e artigos para a equitación.

 

Aínda que Galicia é unha comunidade de recente tradición nos Cabalos de Pura Raza, xa é notoria a presenza do mesmo a través de importantes ganderías Nos últimos anos Galicia destaca por ser unha das comunidades españolas que máis incrementou o número de exemplares de esta raza nas súas ganderías. En concreto o incremento da cabana galega multiplicouse por catro no último anos. De aí o interese por albegar un salón dedicado a esta raza de cabalos.

 

DESENVOLVEMENTO DO SALÓN EQUIGAL 2015

 

O Salón do Cabalo de Galicia Equigal 2015 acollerá as máis diversas modalidades hípicas nas súas diferentes vertentes así como o emerxente mercado equino de Galicia.

 

Dende a organización de Equigal, a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo traballa dende fai meses para que as mellores eguadas e exemplares volvan ser os protagonistas dunha nova edición de Equigal.

 

Así, en Equigal terá lugar unha ampla gama de actividades e espazos ao redor do mundo do cabalo. Os mellores animais das diferentes razas criadas dentro e fóra de Galicia daranse cita en Lugo nun Pazo de Feiras e Congresos que dispón para Equigal de máis 10.000 m 2 e unha ampla zona exterior axardiñada lugar idóneo para o quentamento e acondicionamento dos animais. Equigal atraerá de novo a un público, o lucense, que sempre mostrou un gran interese polo mundo do cabalo e que ano a ano é fiel a súa cita co certame. Para iso, planifícase un importante programa de actividades.

 

Programa

► Concursos Morfolóxicos de Cabalos e Eguas de Pura Raza Española

Do 5 ao 7 de xuño

Nos concursos destas características lévase a cabo un estudo da morfofuncionalidade. Por unha parte, o Concurso Morfolóxico é a clasificación segundo a calidade racial (fidelidade ao prototipo racial definido) dunha serie de exemplares que concorren ao concurso en cuestión.E por outra banda,valóranse as aptitudes de cada exemplar en canto á monta, a doma, etc., de acordo a uns exercicios básicos e os seus respectivos movementos.

 

►Zona expositiva e Venda

 

Esta zona estará conformada polas gandarías participantes nos Concursos Morfolóxicos. O público asistente observou os distintos exemplares en vivo nunha zona perfectamente habilitada para iso.
A zona de venda de cabalos está aberta a todos os amantes do mundo do cabalo que visiten “EQUIGAL 2015 –VIII SALON DO CABALO DE GALICIA”. Os gandeiros e criadores das diferentes razas de gando equino reservan os seus boxes cubrindo a ficha de inscrición correspondente.

►Espéctaculos ecuestre. O sábado día 6 de xuño o público disfrutará no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo dun espectáculo a cargo do Carrusel de Hípica Amazonas e o domingo 7 dun espectáculo ecuestre de Pura Raza Galega a cargo de Xacobe Pérez Paz.

►Zona de ocio infantil. É un espazo que ofertará diversas actividades, todas elas ao redor do mundo do cabalo, enfocadas aos máis pequenos e supervisadas por monitores: inchables, obradoiros e un poni clube. Os ponis volven un ano máis a Equigal e é unha ocasión idónea para que os máis pequenos se inicien na arte da equitación e para que tomen contacto, moitos de eles por primeira vez, cun animal caracterizado pola súa nobreza e mansedumbre.

 

 

►Mercalibro, venda e exposición do libro antigo. Coincidindo con Equigal durante os vindeiros días 5, 6 e 7 de xuño realizarase un mercadillo de libro antigo, descatalogado e de ocasión, no que se poñerán máis de 2000 ejemplares á venda. Organizado pola librería GTV2000Clasic de Lugo e a colaboración do Pazo de Ferias y Congresos de Lugo. Destaca o Facsímil ou Copia Perfecta do Códice Calixtino pola súa importancia

 

O horario será de 16:00 h a 21.00h o venres día 5; de 11.00h a 21:00h o sábado día 6 e de 11.00h a 18.00h o domingo día 7.

►Zona de cafetaría

Disponse dun servizo ininterrompido dende a apertura do Salón ata o seu peche de servizo de cafetaría. Igualmente hai un servizo de comedor para poder atender a demanda de xinetes, amazonas, gandeiros, expositores e visitantes que se acheguen a visitarnos.

GANDERÍAS

 

●TOTAL DE PARTICIPANTES DE FÓRA DE GALICIA: 59 EXEMPLARES
OPTAN A MELLOR GANDERÍA

LLEIDA
YEGUADA ALBERTO BOYA – 11 EXEMPLARES
SEGOVIA

YEGUADA CENTURIÓN –13 EXEMPLARES
PONTEVEDRA
YEGUADA SWEN UWE –9 EXEMPLARES

OUTRAS GANDERÍAS

BARCELONA Y EE.UU.

YEGUADA DE TRUJILLO –5 EXEMPLARES YEGUADA VITORINO –2 EXEMPLARES

SEVILLA

YEGUADA TORRELUNA Y YEGUADA YACO –4 EXEMPLARES SALAMANCA

YEGUADA FERNANDO LÓPEZ –HIERRO DEL CALDERO (2 EXEMPLARES) MURCIA

YEGUADA LUGASA 1 EXEMPLAR VALLADOLID

YEGUADA VIRGEN DE LA PAZ –1 EXEMPLAR
LEÓN

YEGUADA ANTONIO VEGA –2 EXEMPLARES CANTABRIA

GANADERÍA GORNAZO –2 EXEMPLARES ASTURIAS

YEGUADA EL RECUERDO (2) YEGUADA LA PERLA (1) YEGUADA PARAYES (1) YEGUADA CORSINO MORÁN (1) YEGUADA SOLANA DE FRESNO (1)

●GANDERÍAS DE LUGO (7 GANDERÍAS) E DO RESTO DE GALICIA (22 GANDERÍAS)

 

Horarios caballo

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada