A Xunta rebaixará outro 15% o valor dos inmobles urbanos

A Xunta rebaixará para o segundo semestre do ano un 15% as valoracións de inmobles urbanos, de xeito que a diminución nos últimos tres anos situarase practicamente no 50%, é dicir, a metade que no 2012. Estes valores son os que se utilizan no momento de tributar polos principais impostos da Comunidade: o imposto sobre sucesións e doazóns (ISD) e o imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITP-AXD).

 

A rebaixa media nas valoracións dos bens inmobles de carácter urbano elevarase ao 15% a partir do vindeiro 1 de xullo, que se suma á dimi nución do 34% rexistrada dende o ano 2012, segundo un informe presentado no Consello da Xunta polo conselleiro de Facenda,

 

Valeriano Martínez.

 

Ademais, a Administración galega vai simplificar tamén dende o 1 de xullo o procedemento de valoración dos bens inmobles urbanos, para que os valores se adapten de forma máis exacta a cada caso concreto.

 

Deste xeito, a Xunta modifica o ámbito de aplicación da Orde de prezos medios de mercado e introduce un novo medio de valoración para os bens urbanos, que se baseará en coeficientes sobre os valores catastrais en función do último ano de actualización dos relatorios e da evolución do mercado en cada municipio. Isto permitirá acadar valoracións máis individualizadas en cada inmoble.

 

Medio consolidado

 

Na actualidade, a utilización dos valores catastrais na valoración de inmobles urbanos é o medio de valoración máis consolidado en España, pois está implantado en sete comunidades autónomas: Andalucía, Valencia, Asturias, Cantabria, Aragón, Estremadura e Castela- A Mancha. Ademais, conta xa cun importante aval xurisprudencial.

 

A Administración galega vai combinar este método de valoración coa actual Orde de prezos medios de mercado, un medio que se emprega na comprobación de valores nos bens inmobles rústicos.
A través deste sistema, o contribuínte seguirá coñecendo con detalle o valor de mercado dos inmobles que fixa a Administración para todo o territorio galego. Por tanto, lógrase unha maior transparencia e obxectividade, e garánte se un tratamento administrativo homoxéneo en todo o territorio, asegurando a equidade. O modelo achega igualmente seguridade xurídica ao cidadán, xa que a Administra ción se vincula cos valores publicados.

 

Con este modelo séguese favorecendo tamén a simplificación e a axilización da compravenda de inmobles, cun sistema que achega información obxectiva e que evita a fraude fiscal e mellora a eficiencia na xestión tributaria.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada