8 bolsas de investigación da lingua e cultura galegas do centro Ramón Piñeiro

O Consello da Xunta deu este xoves o visto e prace á convocatoria de 8 novas bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro paraa Investigación en Humanidades (CRPIH), o que vén reafirmar o compromiso da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria coa investigación lingüística, literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua propia de Galicia, co fin de avanzar na súa normalización e promover o seu uso en todos os eidos profesionais e sociais.

 

A convocatoria destas bolsas vai dirixida a titulados universitarios, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora. En concreto, os proxectos incluídos na convocatoria son o Etiquetador/Lematizador do Galego
Actual (CORGA/XIADA), o Corpus documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA), a Bibliografía Informatizada da Lingua Galega (BILEGA), o Proxecto Terminoloxía científico-técnica, o de Informes de Literatura, o de Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos, o proxecto Lírica profana galego-portuguesa e o de Dimensión da identidade colectiva de Galicia.

 

Poderán presentarse á convocatoria os licenciados o u graduados nas titulacións de ciencias políticas e da administración, historia, documentación, tradución e interpretación e filoloxías. Ademais os aspirantes deberán acreditar posuír os requisitos específicos para cada proxecto, tales como coñecementos de informática, estar capacitado para ler e traducir textos en diferentes linguas románicas no estado medieval, práctica na elaboración de repertorios bibliográficos comentados ou manexo de procesadores de texto e bases de datos, entre outros. Os bolseiros desenvolverán o s eu labor neste centro ata o ano 2017, o que supón unha oportunidade para que os titulados das universidades poidan iniciar a súa actividade neste eido.

 

Traxectoria do CRPIH

 

Unha faceta fundamental do Centro Ramón Piñeiro par a Investigación en Humanidades é a súa contribución á formación investigadora. Neste s 22 anos, pasaron polo CRPIH 445 investigadores/as diferentes: 308 bolseiros/as galegos/as que se formaron participando nos proxectos do Piñeiro e outros/as 137 bolseiros/as dos máis diversos países do mundo que estiveron un semestre desenvolvendo traballos de investigación propios asesorados polos directores de proxectos semellantes aos seus do centro de investigación que hoxe cumpre dúas décadas. Moitos destes bolseiros son hoxe doutores, profesores universitarios ou
docentes no ensino medio e, dende os seus postos actuais, continúan a ofrecer importantes contribucións ao coñecemento sobre a lingua e a literatura galegas.

 

Actualmente, o Centro Ramón Piñeiro ten en marcha un total de 20 proxectos de investigación. Na área de lingua, avánzase no Corpu s de Referencia do Galego Actual (CORGA), no CoToVía (sintentizador de voz para o galego), na Bibliografía Informatizada da Lingua Galega (BILEGA), no Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA) ou na liña de investigación de fraseoloxía galega.

 

Na área de literatura, hai proxectos orientados á l iteratura medieval, como Arquivo Galicia
Medieval, e outros dirixidos ao estudo da literatura galega contemporánea, coma o de Bibliografía da literatura galega, o Dicionario xeral de termos literarios, os Informes de literatura, os proxectos de recuperación de narrativa, de poesía ou de revistas dos séculos XIX e XX ou os Cadernos Ramón Piñeiro. Ademais, prodúcense obras de filosofía, de socioloxía, de cine ou de ciencia política.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada