A Xunta pechará acordos coas entidades de crédito para paralizar os desafiuzamentos por execucións hipotecarias e dedicar vivendas baleiras a alugamentos sociais

Alberto Núñez Feijóo ha presidido esta mañana la reunión del Consello de la Xunta. CONCHI PAZ.

Alberto Núñez Feijóo ha presidido esta mañana la reunión del Consello de la Xunta. CONCHI PAZ.

O Consello da Xunta aprobou este xoves a sinatura de convenios entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e as entidades de crédito presentes en Galicia para facilitar a permanencia na vivenda de persoas afectadas por execucións hipotecarias e para a cesión á Xunta de vivendas baleiras co obxecto de destinalas a alugueiros sociais.

 

Esta medida, pioneira en España, desenvolve o establecido no Plan ReaVita, aprobado polo Consello da Xunta o 12 de febreiro de 2015, e reforza as actuacións realizadas ao abeiro do Programa de realoxo de afectados por execucións hipotecarias, vixente desde decembro de 2012.

 

En virtude do acordo aprobado hoxe, o Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá asinar convenios coas entidades financeiras establecendo dous tipos de actuacións. Trátase, en primeiro lugar, de posibilitar a permanencia na vivenda das persoas afectadas por procedementos de execución hipotecaria, e pola outra, de destinar parte das vivendas baleiras de propiedade da entidade ou das empresas pertencentes ao seu grupo empresarial ao aluguer social, a dar cobertura a outros afectados por procedementos de execución hipotecaria ou desafiuzamento por falta de pagamento de rendas, así como a outras persoas con especial dificultade de acceso á vivenda.

 

Execucións hipotecarias

 

As entidades de crédito comprometeranse a poñer en coñecemento da Xunta todos os casos de execucións hipotecarias nos que estea autorizado xudicialmente o lanzamento e que afecten a persoas físicas ás quen non lles resu lten de aplicación as medidas contidas na lexislación estatal de protección de debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e alugamento social, cuestión que deberá acreditar no expediente a entidade de crédito.

 

Así mesmo, as entidades de crédito comprometeranse a non facer efectivo o lanzamento ata que se acade unha solución que permita a permanencia da familia afectada na vivenda que viña ocupando como vivenda habitual e permanente.

 
Dese xeito, os afectados poderán permanecer na vive nda durante o prazo dun ano, prorrogable ata un máximo de tres anos pagando un a lugueiro mensual de entre cero e 75 euros ao mes e deberán asumir os gastos de mantemen to das condicións de habitabilidade da vivenda.

 
Cesión de vivendas para alugamento

 

Doutra banda, as entidades asinantes dos convenios cederanlle á Xunta o usufruto dun número determinado de vivendas, propiedade da entid ade financeira ou as sociedades do seu grupo empresarial, que serán destinadas a aluga mento social. A renda que deberán aboar os inquilinos será de entre cero e 125 euros ao mes.

 

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada