O Concello de Salvaterra programou tres Noites Gastronómicas para desfrutar da música en directo coa familia e amigos na Festa do Viño do Condado do Tea

Un aspecto do ambiente nunha das noites gastronómicas o ano pasado.

Un aspecto do ambiente nunha das noites gastronómicas o ano pasado.

Arredor da 56 edición da Festa do Viño do Condado do Tea -28, 29 e 30 de agosto- tres noites gastronómicas invitan a desfrutar coa familia e amigos sentados á mesa cos viños do Condado do Tea e produtos da nosa gastronomía e con música en directo  no marco do Castelo de Salvaterra de Miño.

 

Segundo explica a Tenente de Alcalde, Marta Valcárcel, “nun ambiente relaxado, con tempo para conversar devagar, as persoas con amigos e familia pasan unhas horas de amena velada na praza do castelo de Salvaterra con actuacións musicais en vivo e ás que se pode asistir de balde”.

 

Todos os concertos son gratuítos. O venres 28, a partir das 23.30 horas, coa actuación de Black Stones –un tributo a The Beatles máis a  música de los años 60 e 70-  e o grupo pontevedrés de hard rock, Green Envy.

 

O sábado 29, desde ás 23.00 horas,  o concerto do grupo salcedense de folk tradicional Donicelas e Óscar Ibañez & Tribo, especialista en música tradicional galega acompañado por músicos galegos de recoñecida traxectoria como Fernando Fraga, Harry Price, Carlos Calviño, Paco Dicenta ou Andrés Vilán.

 

O domingo 30, tamén ás 23.00 horas, o grupo vigués Greenwater haciendo tributo a la gran banda de Rock dos 70   Creedence Clearwater Revival  coa colaboración de Erea Castro e a actuación de A Banda de Mazinguer, una banda viguesa de versións de pop-rock dos 80.

As noites gastronómicas desenvolvense no castelo de Salvaterra.

As noites gastronómicas desenvolvense no castelo de Salvaterra.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada