Un total de 26 adegas do Condado participan na 56 Festa do Viño do Condado do Tea esta fin de semana

Subzonas da DO Rías Baixas.

Subzonas da DO Rías Baixas.

Un total de 26 adegas, xunto co stand do Consello de DO Rías Baixas, estarán presentes y ofrecerán os seus viños brancos e tintos a prezos populares na 51 edición da Festa do Viño do Condado do Tea en Salvaterra de Miño desde o venres 28, sábado 29 e domingo 30 no Castelo de Dona Urraca, en Salvaterra de Miño.

 

Estas son Adega Fillaboa, Señorío de Sobral, Marqués de Vizhoja, José Araújo Peña, As Laxas, Pazo Pondal, Viña Nora, María Bargiela, Adegas La Val, Finca Darabelos, Pazo San Mauro, Beira Aral, Coto Redondo, Pazos de Lusco, Eidosela, Adega Adral, Abadía de Tortoreos, Vinícola del Miño, Adegas Tricó, Adega Corisca, Pepe Montenegro, Adegas Galegas, Adegas Valtea, Pazos das Barreiras, Adega Genaro’s y Señorío de Valei.

 

A DO Rías Baixas ampara ao Albariño -Viño monovarietal elaborado co 100% de uvas da variedade Albariño- e ás Rías Baixas Condado de Tea – Elaborado con uvas das variedades Albariño e Treixadura en 70% como mínimo, sendo o resto das demais variedades admitidas, todas elas producidas na subzona do Condado do Tea-.

 

A elaboración de viños protexidos pola Denominación de Orixe Rías Baixas realizásese exclusivamente con uvas das seguintes variedades. Variedades preferentes: Brancas: Albariño, Loureira branca ou Marqués, Treixadura e Caiño branco. Tintas: Caiño tinto, Espadeiro, Loureira tinta e Sousón. Variedades autorizadas: Brancas: Torrontés e Godello. Tintas: Mencía, Brancellao e Pedral.

 

A historia da Denominación de Orixe “Rías Baixas” comeza en 1980 cando se recolle na BOE do 11 de Outubro a Denominación Específica Albariño.

 

Catro anos máis tarde, o 30 de Abril, apróbase o Regulamento da Denominación Específica Albariño e do seu Consello Regulador.

 

Debido ás necesidades de adaptar a lexislación española á comunitaria, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, nunha Orde do 17 de Marzo de 1988, recoñece a Denominación de Orixe Rías Baixas, e o 4 de Xullo publica a Orde que aproba o Regulamento da Denominación de Orixe e do seu Consello Regulador, ratificado nunha  Orde  Ministerial do 28 de Xullo dese mesmo ano.

 

Na súa curta historia, o sector da Denominación de Orixe Rías Baixas soubo evolucionar de forma ordenada e con criterio, así pasou, nun período comprendido entre os anos 1987 e 2001, respectivamente, de 492 viticultores a 5.059, de 14 a 161 adegas e dunha superficie de viñedo de 237 hectáreas a outra de 2.408.

 

Esa evolución tamén se reflicte na ampliación das zonas. En 1988 a Denominación de Orixe rías Baixas constaba de 3 subzonas perfectamente individualizadas na provincia de Pontevedra: Val do Salnés, Condado do Tea e O Rosal. En outubro de 1996 incorpórase Soutomaior e en maio de 2000 amplíase á Ribeira do Ulla.

i2027g2

folleto plegado a4 Festa do Viño 2015 exterior

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada