Pancho Presa, asistente á cata comentada de Salvaterra: “Gústame asistir porque se coñece a anada anterior do Condado”

Máis de 70 persoas asistiron as catas comentadas de viños do Condado organizadas polo Concello de Salvaterra. Pancho Presa, un ponteareán da parroquia de Moreira, é un deles e ademais habitual cada ano. Durante dous días, nas covas de Dona Urraca, escoitaron os comentarios do veterano adegueiro, Antonio Alén, que dirixiu a cata.

 

En entrevista a Grupo ES., Pancho, que traballa en temas vinícolas na comarca, declara que lle gusta asistir ás catas comentadas porque é unha ocasión de probar case que todos os viños da anada anterior e facerse unha idea exacta da produción do ano vinícola anterior desta comarca. Explica que como é unha cata cega non hai perigo de ser influenciado polos intereses de ningunha adega ou marca. Na súa opinión, Pancho ampliaría e potenciaría estas catas para dar a coñecer á xente que non é profesional do mundo do viño a grandeza dos caldos do Condado do Tea, albariños e condados,  da subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada