Salvaterrenses e visitantes comezan a libar os mellores caldos albariños e condados na súa primeira noite gastronómica

Autoridades e adegueiros brindan polos viños do Condado.

Autoridades e adegueiros brindan polos viños do Condado.

O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, inaugurou a 56ª Festa do Viño do Condado do Tea no recinto do castelo de Salvaterra. Estaba acompañado da tenente de alcalde, Marta Valcárcel, así como doutros concelleiros e adegueiros como Araújo, Antonio Méndez, Enrique e Félix Fernández, Genaro Domínguez, Lázaro Gándara…, entre outros.

Tras visitar a exposición das adegas nos baixos da Cova de Dona Urraca, Grandal levounos á flamante Casa do Viño descoñecida trala última remodelación e que vai a ser adxudicada para ser un centro de degustación de viños e productos autóctonos. Os adegueiros quedaron sorprendidos polas modernas instalacións nas que non falta o aire acondicionado.

 

Tras isto volveron ás Covas de Dona Urraca para visitar a mostra filatélica.

 

Despois a comitiva levantou as copas para facer un brinde en honra dos viños do Condado.

 

Mentras a xente ía chegando. os postos de comida,  como o cordeiro asado ao espeto ou a lamprea seca, o polbo e outros manxares empezaban a servir as primeiras racións. Arredor das dez da noite enchéronse as mesas con familias e amigos en amable conversa nunha noite de agosto cunha climatoloxía ideal.

 

Mañá sábado empezan a Catas a procura dos Deliciosos do ano así como as exposicións. Pola noite actúan en directo Donicelas e Óscar Ibañez & Tribo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada