A cata á procura dos Deliciosos, feita, e mañá domingo faranse públicos os premiados

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

María, una de las componentes del panel de cata.

Na mañá do sábado a 56ª Festa do Viño do Condado volve revivir trala noite gastronómica que vai ter continuidade hoxe. O panel de cata á procura dos viños deliciosos deste ano tivo lugar esta mañá cun panel de catas da DO Rías Baixas co seu secretario á cabeza, Ramón Huidobro. Grupo ES ofrece a entrevista cos catadores Bruno Kammerer e David Ballesteros de Lagar de Besada.

 

Os postos de viños e gastronómicos cobraron vida a media mañá. As charangas animáronolles ambiente aos degustadores do viño que se acomodaron nas mesas instaladas na praza. A medio día quedaba un bo número de persoas desfrutando dos caldos do Condado do Tea.

 

Tamén as exposicións como a da pintora Rosa Porto que exhibe unha mostra de cadros vinculados co mundo do viño foron visitadas polo público. Grupo ES entrevistou a pintora.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada