Arturo Grandal reivindica a creación dunha titulación universitaria galega en Enoloxía e unha nova regulamentación do índice de alcoholemia máis alá do 0’25 para favorecer o consumo do viño

Javier Peláez da adega Marqués de Vizhoja recolle o premio por Torre La Moreira.

Javier Peláez da adega Marqués de Vizhoja recolle o premio por Torre La Moreira.

O alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal, trala incorporación de novos membros á Confraría do Viños do Condado do Tea e o fallo da cata na procura de viños deliciosos, pediu que a Universidade galega cree a titulación en Enoloxía e que Tráfico suba a taxa de alcoholemia do 0,25 actual a maiores porcentaxes. Grandal considera que ambos aspectos contribuirían a mellorar o consumo de viño na nosa sociedade.

 

Por outra banda, fixéronnse públicos os premios dos viños Deliciosos trala cata realizada onte polo DO Rías Baixas. Na categoría de viños Rías Baixas Condado do Tea (DO Rías Baixas) premiouse co título de delicioso o viño Piñeiral de Bodegas Señorío de Rubiós SL así como o viño de Adega La Val, Más que 2.

 

Na categoría de viños Rías Baixas Albariños (DO Rías Baixas) foi premiado o viño Liñar de Vides (Bodegas Señorío de Rubiós; tamén o viño Leira Pondal de Bodegas Pazo de Pondal SL e Señorío de Rubiós de Bodegas Señorío de Rubiós SL e Torre La Moreira de Bodegas Marqués de Vizhoja, SL.

 

Na categoría de viños Rías Baixas Tintos (DO Rías Baixas) o premiado foi San Nomedio Mencía de Bodegas Señorío de Rubiós SL.

 

O pregoeiro Pepe Cadavedo, escritor e xornalista gastronómico, leu o seu pregón enxalzando os viños do Condado ante as autoridades e o público na praza do Castelo.

 

Antes na Casa do Concello de Salvaterra recibironse as Confradías, en total cinco, pois sobre as catro previstas acudiu tamén a Confraría da Ameixa de Carril. O alcalde tivo para todas unhas palabras de presentación sobre a vila “milenaria” de Salvaterra. A continuación saíron á praza do Concello e marcharon desfilando ata o Castelo a reunión da Confraría do Viño do Tea e Espumosos para a celebración do Capítulo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada