Preto de 90.000 alumnos galegos terán este curso un ensino plurilingüe en centros sostidos con fondos públicos ao abeiro do Plan de potenciación das linguas estranxeiras da Xunta

Preto de 90.000 alumnas e alumnos galegos terán este curso 2015/2016 un ensino plurilingüe en centros sostidos con fondos públicos ao abeiro do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras posto en marcha polo actual Goberno da Xunta; o que supón un incremento do 6,2% respecto do 2014/2015. Así se desprende das resolucións definitivas da convocatoria de redes de Centros Plurilingües e Seccións Bilingües publicadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O departamento dirixido por Román Rodríguez incorporará este ano un total de 36 novos centros á Rede de Plurilingües, ata sumar un total de 257. Ademais, outros 5 centros de que tiñan este modelo educativo (combinando galego, castelán e unha lingua estranxeira, ata chegar cada unha delas a un terzo do horario lectivo) en Primaria pasan a incorporalo á etapa de ESO. Trátase do CPR Plurilingüe Montegrande (Coruña), do CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Ourense), CPR Plurilingüe Divino Maestro (Ourense), do CPR Plurilingüe Escuelas Nieto (Vigo) e do CPR Plurilingüe Barreiro (Vigo).

A maiores dos 5 mencionados, e segundo os datos provisionais de admitidos, dos centros de nova incorporación 17 son da provincia da Coruña, 4 de Lugo, 1 de Ourense e 14 de Pontevedra.

Plurilingüismo no Bacharelato
Ademais dos devanditos, 4 centros ampliarán o plurilingüismo a Bacharelato (novidade deste ano): IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas (Perillo, A Coruña), IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña); do CPR Plurilingüe Montecastelo (Vigo), e do CPR Plurilingüe Las Acacias (Vigo).

Seccións bilingües
Finalmente, a Consellería de Cultura e Educación vén de publicar a resolución provisional pola que se aproban 407 novas seccións bilingües para o curso 2015/2016, ata chegar a un total de 3.630 en toda Galicia. Por provincias, haberá 175 novas seccións nos centros educativos da provincia da Coruña, 34 en Lugo, 45 en Ourense e 153 en Pontevedra.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada