A adega Ediosela de Arbo recibe visita institucional para comprobar o remate da vendima na comarca do Condado e A Paradanta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe a adega Eidosela de Arbo, onde foi recibido polo presidente da cooperativa Lázaro Gándara así como o persoal da mesma xunto con alcade de Arbo, Horacio Gil.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe a adega Eidosela de Arbo, onde foi recibido polo presidente da cooperativa Lázaro Gándara así como o persoal da mesma xunto con alcade de Arbo, Horacio Gil.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe a adega Eidosela de Arbo, en compaña do xefe territorial de Medio Rural e Mar, Miguel Dubois, e do alcalde da localidade, Horacio Gil, co obxectivo de comprobar o remate da vendima na comarca do Condado-A Paradanta dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.

“O obxectivo desta visita”, engadiu o delegado territorial, “é estar en contacto cos viticultores e bodegueiros para coñecer o seu sentir nesta vendima na que, se estima, vanse recoller, segundo os últimos estudos realizados polo Consello Regulador, entre 32 e 34 millóns de quilos de uva en toda a denominación de orixe”. De feito, xa se recolleron 9 millóns de quilos nos últimos días na Denominación de Orixe.

José Manuel Cores Tourís incidiu no apoio aos viticultores por parte da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural e do Mar. Deste xeito, destinouse case medio millón de euros este ano para os plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia. “Na denominación de orixe Rías Baixas estes plans permitirán mellorar 32 hectáreas, cunhas axudas que roldarán os 271.256 euros, é dicir, case o 60% do total aportado para a comunidade autónoma”, explicou o delegado territorial.

Na actualidade, Eidosela conta con 61 socios e cunha superficie de terra de 60 hectáreas nos sete concellos que compoñen a subzona do Condado, aportando uvas albariño, treixadura, loureira, caíño blanco e torrontés. A nivel de recursos humanos, esta cooperativa conta con 7 empregados durante todo o ano aos que se lle suman 10 persoas máis na época de vendima.

Eidosela conta cunha produción enfocada non só ao mercado nacional senón tamén internacional, con exportacións a 20 paises dos catro continentes, como Estados Unidos, U.K., Países Baixos, Polonia, Australia, China, Xapón. “Destinamos o 26% da nosa produción a mercados internacionais porque cremos na diversificación como un factor esencial para obter un bo rendemento económico”, explicou Lázaro Gándara, Presidente da Cooperativa.

Ademais de exportar parte da súa produción cara países do estranxeiro, tamén diversificaron o seu produto coa elaboración dun espumoso Eidosela Burbujas del Atlántico, que tivo unha grande aceptación no mercado, polo que este ano producirán o dobre de botellas que o ano pasado. “Temos que innovar, ademais somos unha cooperativa que contamos con equipamento e maquinaria excelente, contando cun depósito de 105.000 litros, o máis grande da D.O. Rías Baixas”, engadiu Gándara, quen destacou que a súa capacidade de elaboración supera os 600.000 litros.

O delegado territorial aproveitou a visita a esta adega para recordar a importancia do sector vitivinícola, non só para a provincia de Pontevedra senón tamén en toda Galicia. “O futuro da nosa comunidade autónoma”, afirmou, “pasa por apostar polos sectores con maior puxanza económica como, neste caso, é o vitivinícola”.eidosela2

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada