FEGATEA celebra o seu 15 aniversario con teatro, autoridades da Cultura, grupos e invitados en Moaña nunha festa do teatro amador

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A presidenta de FEGATEA, Chelo Pampillón e o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, xunto co concelleiro de Cultura de Moaña e os premiados na gala da Federación Galega de Teatro Afeccionado, na noite deste sábado en Moña.

Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA, vén de cumprir 15 anos “nos que fomos capaces de crear e despois consolidar unha entidade que aspiraba a agrupar, baixo os obxectivos común de organización, promoción e desenvolvemento, os grupos de teatro amador do noso país” afirmou a presidenta de FEGATEA, Chelo Pampillón, este sábado á noite no auditorio do centro cultural de Moaña.

 

“E fixémolo contra vento e marea, mesmo superando o noso inicial escepticismo, conscientes como eramos de que ía ser un labor difícil que xa intentaran en repetidas ocasións outras persoas antes ca nós”, engadiu.

 

E a celebración deste décimo quinto aniversario foi a materialización da unión acadada nestes anos. Unha festa onde acudiron os grupos que forman parte da rede, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, as autoridades municipais de Moaña co seu concelleiro de Cultura á fronte, Salvador Meira.

 

Trala representación de Esfigie Teatro, un grupo de teatro afeccionado de Castela-León, de ‘El verbo amar’, unha obra sobre o maltrato a muller, foi a entrega de premios de FEGATEA que dirixiu a propia presidenta Chelo Pampillón.

 

Toda unha noite moi especial para o mundo do teatro amador no noso país, xa que FEGATEA reúne a metade dos grupos de teatro afeccionado de Galicia.

 

 

 

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada