O Día do Emprendedor de Galicia os asistentes poderán obter asesoramentos individualizados en internacionalización, estratexia, márketing e finanzas

O Día do Emprendedor de Galicia celébrase o venres 30 de outubro, no Hotel Monumento San Francisco de Santiago. Unha cita organizada polo IGAPE e a Fundación EOI que suporá o colofón ao ciclo de 4 xornadas en materia de emprendemento que previamente se celebraron nas distintas provincias galegas.

As inscricións, tanto para a xornada como para os Premios Galicia Emprende, son de balde e atópanse abertas.

Esta edición centra a súa actividade no Obxectivo 3C: crear, consolidar e crecer en 2016. Por elo, nas intervencións, destacarase a importancia da implementación e crecemento do proxecto; elementos que poden minimizar o risco; e solucións para alcanzar o obxectivo de crear, consolidar e construír unha estratexia para 2016.

A conferencia inaugural correrá a cargo de Edurne Pasaban, a primeira muller que subiu os 14 picos de máis de oitomil metros do planeta.

No Día do Emprendedor de Galicia, os asistentes poderán obter asesoramentos individualizados en materias de internacionalización, estratexia, márketing e finanzas.

Entre as actividades que se celebrarán na xornada están:

Un ambicioso programa composto por varios itinerarios específicos para emprendedores

  • 6   intervencións   mestras   sucesivas   de 6 expertos   en diferentes temáticas   de emprendemento
  • 10 asesores ofrecendo asesoramentos individuais.
  • Un espazo de Robótica.
  • Gran final do concurso Galicia Emprende e entrega de premios.

Premios Galicia Emprende

A Fundación EOI e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) organizan este concurso que pretende recoñecer os mellores proxectos emprendedores de calquera sector de actividade no Día do Emprendedor de Galicia. Existen 3 categorías no concurso: Industrial, Internacional e Competitiva.

Os interesados en participar deberán realizar un video de cinco minutos presentando o seu proxecto, explicando dun xeito atractivo as características, estratexias e viabilidade potencial do mesmo e apuntarse na web da xornada.

Máis información

O Día do Emprendedor de Galicia é de asistencia gratuíta e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada