Salvaterra celebra a 2ª Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas o 5 e 6 de decembro

espumosoA vila milenaria de Salvaterra vaise converter na capital do Espumoso da DO Rías Baixas a fin de semana do 5 e 6 de decembro.

O sábado 5, ás 12.00 horas, inaugúrase a festa e ábrense os ‘stands’ no castelo da Raíña Dona Urraca. O público poderá degustar espumosos acompañados de ostras, empanada, mexillóns, tapas, embutidos, filloas, bombóns e chocolate. Ás 12,30, actúa a Banda de Gaitas Pontenova.

Ás 13 horas, terá lugar a apertura de espumosos con ‘Degüelle a sable’.

Pola tarde, a partir das 18.00 horas, hai un curso de iniciación ao mundo dos espumosos que imparte Luís Padín, Primeiro Ambassadeur du Champagnede España. O curso tratará a orixe, elaboracións e actualidade dos espumosos. Os participantes probarán 9 viños espumosos (cava, Champagne, Lambrusco, entre outros). Hai dispoñibles 40 prazas. Para asistir ao curso, os participantes deberán inscribirse no Concello de Salvaterra de Miño entre 9 e 14 horas, desde o día 2 ata o 20 de novembro e pagar o importe de 10 euros nunha entidade bancaria. Entregarase diploma de asistencia.

Ás 19.00 horas, o cociñeiro Paco Corral, do Restaurante Veiramar de Arcade,  realizará distintas maridaxes dos viños espumosos con produtos do mar, do río Miño e da terra (ostras, camaróns, pescados da ría, lamprea rechea e xamón).

As actuacións musicais comezan ás 20.00 horas con Sabina & Cía (tributo a Sabina) e The Hendersons (tributo a The Beatles).DIPTICO EXTERIOR_PEQ

DOMINGO

O domingo 6 de decembro, ás 11.00 horas, abren os ‘stands’ no castelo.

Ás 12.00 horas, cerimonia de nomeamento de novos confrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos.

Ás 13.00 horas, Showroom-presentación de harmonía e maridaxe dos viños espumosos ao público a cargo de Luís Padín, Primeiro Ambassadeur du Champagnede España. Haberá apertura de botellas de espumosos con ‘degüelle a sable’.

Media hora máis tarde, 13.30 horas, actuación musical de piano a cargo de Alejandro Soto.

Ás 17.00 horas, segue a música con Cuarteto de Saxos.

Ás 18.00 horas, Cata Popular de Espumosos con concerto de piano. Para asistir a esta cata cómpre inscribirse no Concello e pagar o importe de 5 euros. Cubriranse 90 prazas por orde de inscrición.

Para rematar a 2ª Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas, a partir das 20.00 horas, actuación musical de Voces do Arrieiro.DIPTICO INTERIOR_PEQ

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada