El Plan Anual 2015 da cooperación galega apróbase cun orzamento de máis de 4 millóns de euros

O Consello da Xunta aprobou hoxe o Plan anual 2015 da cooperación galega para o desenvolvemento, que conta cun orzamento de máis de 4 millóns de euros e que recolle os compromisos, os medios de actuación e os recursos orzamentarios do goberno galego para este ano, de acordo xa coas orientacións establecidas no III Plan director da cooperación galega 2014-2017.
O plan aposta pola utilización principal do instrumento das convocatorias publicas de concorrencia competitiva. Así, publicaranse todas a s convocatorias de axudas que tradicionalmente xestiona a cooperación galega como son as de proxectos no exterior, fortalecemento e consolidación de ONGD, educación para o desenvolvemento, acción humanitaria e bolsas de formación. Así mesmo, asínanse convenios de colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD, o FOGACOSOL e as universidades galegas, entreoutros.
Este plan anual está enmarcado no III Plan director da cooperación galega 2014-2017 e afonda no logro dos resultados de xestión recolli dos no dito Plan Director cara á mellora da eficacia da axuda a través da concentración xeográfica e sectorial desta, á maior coordinación dos actores e complementariedade das súas actuacións e á orientación estratéxica das actuacións.

 

Actuacións 2015

 

No marco das actuacións previstas para este ano está previsto cubrir os compromisos adquiridos no ano 2014 con aquelas ONGD e universidades ás que se lles aprobaron proxectos na convocatoria pública de educación para o desenvolvemento e de investigación para o desenvolvemento. Isto significa que un total de 23 proxectos iniciados no 2014 terán asegurado o financiamento para a súa continuación e remate no ano 2015. Así mesmo, respéctanse os compromisosdos convenios asinados coa Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e asegúrase a continuidade das 8 bolsas de formación de expertos en cooperación que se iniciaron no 2014.
Publicaranse as seguintes liñas de axudas tradicion ais, coma as convocatorias de subvencións para proxectos de cooperación no exterir de ONGD e outros axentes de cooperación, as convocatoria de subvencións para proxectos de educación para o desenvolvemento (EpD) promovidos polas ONGD, e as convocatoria de subvencións para proxectos de fortalecemento de ONGD, que xa foron publicadas no Diario Oficial de Galicia a pasada semana.

 

Ademais, situaranse as bolsas de formación de expertos en cooperación internacional para o desenvolvemento. Para o ano 2015 convocarans e 8 bolsas, de carácter plurianual, dúas das cales se desenvolverán na sede da dirección xeral en Santiago de Compostela e as seis restantes no exterior. Manterase unha liña financeira para axuda humanitar ia ou de emerxencia que garanta que no ano 2015 a Xunta poida responder cando se produza un chamamento internacional por mor dunha catástrofe ou crise humanitaria, e manterase unha unha liña financeira para a colaboración coas universidades, asinándose un novo convenio de colaboración coas tres universidades  galegas para consolidación do proxecto “RedeGalega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento”.
Asínanse convenios coa Coordinadora Galega de ONGD para actividades de formacióne sensibilización, e co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para actividades de formación e sensibilización. Así mesmo, seguiras e realizando cooperación técnica en materia de pesca e acuicultura, como se vén real izando en colaboración coa Fundación CETMAR, apostando por unha orientación es tratéxica da cooperaciónmediante proxectos de asistencia técnica que faciliten a transmisión de coñecementos e tecnoloxía aos países do Sur, como Mozambique, Perú ou Centroamérica.

 

Avaliación actuacións

 

Ademais, avanzarase na necesaria avaliación das actuacións financiadas polacooperación galega para mellorar a calidade da axuda, dando cumprimento aoscompromisos establecidos no III Plan Director da Cooperación Galega. Así, temos previsto realizar a avaliación dos proxectos financiados desde 2007 en Cabo Verde, e publicarase e darase difusión ao Informe anual 2014da cooperación galega para dar cumprimento ao principio de transparencia que debe orientar a xestión da cooperación.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Etiquetas: