A Xunta dálle luz verde ao concurso público que ofrecerá medio millón de metros cadrados de solo industrial con rebaixas de ata o 50 %

mapa suelo industrial2O Consello da Xunta deulle hoxe luz verde ao concurso público que ofrecerá medio millón de metros cadrados de solo industrial propiedade de Xestur con rebaixas de atao 50 por cento. Esta é a primeira fase do programade mobilización de ata 2 millóns demetros cadrados de solo industrial incluído na Axenda da Competitividade Industrial Galega (Galicia-Industria 4.0), aprobada polo Consello da Xunta o pasado 27 denovembro, e que ten por obxecto incrementar o peso da industria galega no PIB.O concurso será convocado o vindeiro dia 12 de xaneiro e o prazo para presentar solicitudes será de un mes. Unha vez resolto, as parcelas que non foron adxudicadaspor falta de licitadores poderán ser adxudicadas polo mesmo prezo que rexeu no concurso a quen a solicite mediante adxudicación directa.
Este programa contempla rebaixas de ata o 50% para aqueles parques empresariais situados nas Zonas Impulsa -Ourense, Ferrolterra, Lugo e Costa da Morte-, así como para os concellos fronteirizos con Portugal. Ademais, establécese unha rebaixa do 30% no resto de parques, salvo os das áreas urbanas, que contarán cun desconto do 15% -Mos, Ponte Caldelas, Santiago e A Coruña.
Esta medida está acompañada de axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) para as empresas -entre as que se atopan os préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional- mantivéronse diversos contactos co IGAPE, estando na actualidade traballando na a sinatura dun acordo entre o IGAPE,
Xestur e IGVS, a fin de coordinar as respectivas políticas de fomento da actividade económica no solo.

 

A implantación desta medida realizarase en dúas fases; unha primeira fase cos solos pertencentes a Xestur S.A. e, posteriormente, no vindeiro mes de marzo de 2015, cos solos do IGVS.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, solicitou a Xestur, S.A., na súa condición de ente instrumental da Xunta de Galicia que ten dentro do seu obxecto social a promoción e xestión do solo empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma, que adopte os acordos oportunos para aplicar estes descontos no prezo do solo empresarial. De conformidade co antes referido, e logo dos oportunos informes e análises dos aspectos económicos, financeiros e xurídicos desta medida, o dia 16 de decembro de 2014 a Xunta Xeral de Xestur S.A. aprob
ou a aplicación dos seguintes descontos segundo os parques en que se ubican as parcelas:

 

•Rebaixa do 50% sobre o prezo actual : Parques de Xinzo de Limia, Pereiro de Aguiar, Central de Transportes, Vilamarín, Ponteceso, Pontedeume, Ortigueira, Cedeira, Carballo, Barreiros, O Corgo, Cervo, Foz, As Gándaras, Guitiriz, Muimenta, Vilalba, Viveiro, Arbo.

 

•Rebaixa do 30% sobre o prezo actual : Parques de Arzúa, Melide, Ordes, Boiro,Sigüeiro, Santa Comba, Negreira, Silleda, Lalín.
•Rebaixa do 15% sobre o prezo actual : Parques de A Sionlla, Reigosa, Mos, na totalidade da superficie dos mencionados parques, Morás (375.497 m2).
A superficie total aproximada con prezos bonificados obxecto deste concurso é de 2 millóns de metros cadrados, sendo esta primeira fase de 500.000 euros.
Obxecto de licitación
En principio, serán obxecto de licitación as parcel as de solo empresarial propiedade de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., sobre as que non haxa ningún compromiso de venda ou opción de compra, ou outras cargas que impidan o seu alleamento, e que estean suficientemente definidas dende o punto de vista urbanístico e rexistral.
A venda das parcelas antes referidas, ten o carácter de venda con publicidade, aberta e incondicional, que se adxudicará ao mellor postor ou oferta máis vantaxosa, de conformidade co previsto nos criterios de preferencia incluídos nas bases do concurso.
Poderá solicitarse a compra de parcelas tal como están configuradas no parcelario correspondente, ou ben parcelas cunha superficie e configuración diferente, que puideran resultar, no seu caso, da segregación das parcelas previstas.
Os criterios de adxudicación poderán consultarse no s pregos de bases desta convocatoria.

 

Ademais de outras de menor importancia, o adquirente obrigase a concluír a edificación proxectada na parcela adquirida e a obter a habilitación correspondente para a primeira actividade no prazo de 3 anos, a contar dende a data de formalización da compravenda. mapa suelo industrial

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada