Lazoiro fai que Salvaterra teña a súa propia memoria fotográfica colectiva

Marcos Blanco é un xove deseñador gráfico que traballa nunha empresa da vila de Salvaterra e Lucas Martinez Esfarrapeira, un estudiate de telecomunicaciones, ambos da parroquia de Alxén.

Marcos Blanco (I), xove deseñador gráfico e Lucas Martinez Farrapeira, estudiate de telecomunicaciones, ambos da parroquia de Alxén e membros de Lazoiro, no castelo de Salvaterra.

Salvaterra, por fin, xa ten memoria. Memoria de Salvaterra é un proxecto de recuperación das fotografías antigas da vila que está a levar a cabo a asociación xuvenil Lazoiro. Grupo ES. quixo falar con dous mozos membros de Lazoiro para que adiante a exposición Memoria de Salvaterra que se poderá visitar esta fin de semana desde o venres a partir das 19.30 ata as 21.00 horas e o sábado e domingo (10.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 21.30 horas), no Castelo de Salvaterra.

Este meritorio traballo non é pioneiro na comarca xa que outros concellos os teñen feito (Salceda, A Guarda, entre outros), pero si é inédito no sentido que é levado a cabo polos mozos da asociación xuvenil Lazoiro cun enorme esforzo e de xeito altruísta con axuda de empresas e do Concello de Salvaterra.

Marcos Blanco é un xove deseñador gráfico que traballa nunha empresa da vila de Salvaterra e Lucas Martínez Farrapeira, un estudante de telecomunicacións, ambos da parroquia de Alxén.

Medio centenar de fotografías, como explica Blanco, forman a narrativa desta exposición Memoria de Salvaterra que abrangue desde 1910 a 1990. As fotografías recollen a historia a través de eventos sociais e culturais así como o patrimonio desta vila milenaria e transfronteiriza. En resumo, a evolución da vila e as súa parroquias ao longo do século pasado.

O proxecto orixe do que se nutre esta exposición comezou hai 2 anos e aínda que laborioso, Lucas Martínez Farrapeira explica que os salvaterrenses contribuíron encantados e eles tamén se deron présa en devolver as fotografías que lles cedían. En setembro deste ano xa tiñan máis de 600 fotografías e coa posta en marcha da exposición Memoria de Salvaterra contan a día de hoxe con 1.800.OLYMPUS DIGITAL CAMERA

As fotografías para a exposición van estar reproducidas nun formato de 50 por 30 centímetros. Na súa selección imperou o criterio de orixinalidade. Estarán repartidas a distancia conveniente e cunha iluminación axeitada así como cunha lenda que informe da súa cronoloxía, a procedencia, o lugar onde foron tomadas e aqueles datos que sexan relevantes.

Non pode faltar na exposición Memoria de Salvaterra unha boa parte de fotografías que, como di Marcos Blanco, amosan a vila desde o outro lado do río Miño. A vila irmá de Salvaterra é Monçao e Lazoiro encontrou aí unha boa colaboración a través da empresa Foto Aliança  e “imaxes valiosas”, precisa Blanco, permiten ver a evolución do estado das murallas e da beira do río Miño.

Sobre o valor das fotografías Blanco explica que depende do criterio que se empregue para destacalas e, claro, hai un “valor subxectivo” que lle dá cada persoa. Alén disto, as preferencias de Marcos Blanco son, entre as máis próximas as nosas datas, as do transbordador “polo seu simbolismo” xa que foi medio de comunicación coa veciña Monçao antes da existencia da Ponte Internacional entre ambas vilas. Tamén entre as patrimoniais, Blanco destaca aquelas que reflicten cómo estaba o recinto amurallado do Castelo de Salvaterra. Tamén destaca o valor de fotos das parroquias –“bastante valiosas”- polo seu carácter etnográfico á hora de reflectir as súas xentes, os costumes e formas de traballo. Lucas, pola súa banda, como bo fegrés, destaca unas imaxes xusto na igrexa de Alxén, como unha con carros da xente que ía mercar medas, neste caso veciños de Cabreira. Da vila, Lucas subliña –ademais do transbordador ou a ponte- fotografías de barcas no río que servían para o contrabando. “É algo lonxano e que nunca cheguei a ver”, di como motivo explicativo para gustar delas.OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O embrión da exposición é a páxina web Memoria de Salvaterra que Lazoiro está alimentar con novas fotografías e vídeos dos veciños de Salvaterra. Os criterios de busa son parroquias, décadas e temáticas: patrimoniais e eventos públicos. Cada fotografía subida á web leva a súa xeolocalización, unha descrición curta da imaxe e un apartado para que os visitantes poidan deixar os seus comentarios sobre a foto, á vez que se convirte nunha axuda para recoller información. A web está dipoñible na dirección www.memoriadesalvaterra.com

Lazoiro dálles as grazas aos veciños por ceder as fotografía sen as cales non habería web nin exposición Memoria de Salvaterra. En segundo lugar, ás empresas que coa súa axuda económica fan posible o mantemento da web e a exposición. Por último, o agradecemento é para o Concello de Salvaterra que deixa as instalacións para exhibir a mostra e que axuda subvencionando unha parte do material que se precisou.

Lazoiro –nome que tiña a antiga vila de Salvaterra- seguirá a traballar. “A asociación naceu para organizar a xente nova con inquedanzas culturais, ecolóxicas e  sociaisl”, explica Marcos Blanco. Son coñecidas as súas campañas para a limpeza do río. Tamén intensificarán a colaboración con asociacións de Monçao. E teñen unha chea de proxectos para pór en marcha.

Cartel Memoria de Salvaterra

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada