A Xunta comunica ás comunidades de propietarios a concesión de axudas á rehabilitación de edificios colectivos por case un millón de euros

A Xunta comunica ás comunidades de propietarios a concesión de axudas á rehabilitación de edificios colectivos por case un millón de euros. En total concedéronse axudas a 41 comunidades, que suman máis de 600 vivendas.

As subvencións outorgadas para a rehabilitación de elementos comúns de edificios de vivendas, acada os 957.679 euros, o que suporá un investimento total, incluída a axuda, por parte dos propietarios dos inmobles de máis de 2,3 millóns de euros.

Estas axudas están dirixidas fundamentalmente a tres tipos de obras a realizar nos elementos comúns de edificios colectivos de vivenda:

1. Obras de conservación e mantemento dos edificios motivadas por causas graves.
2. Illamento térmico e sonoro dos edificios.
3. Mellora da accesibilidade.

Os beneficiarios das axudas son as comunidades de propietarios, agrupacións de comunidades ou propietarios únicos de edificios de vivendas.

As axudas á rehabilitación de edificios teñen as seguintes contías:

• Ata 4.000 € por vivenda para conservación.
• Ata 2.000 € por vivenda para mellora da eficiencia enerxética (5.000 € se se reduce nun 50% a demanda enerxética do edificio).
• Ata 4.000 € por vivenda para mellora de accesibilidade.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada