Conde destaca aos emprendedores galardoados nos premios de AJE Coruña como símbolo dunha nova “Galicia das ideas”

emprendedoresO conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe aos galardoados nos premios anuais de AJE Coruña, e ás 944 empresas creadas nas comarcas de A Coruña e Santiago no que levamos de ano, como símbolo dunha nova “Galicia das ideas” que crece en emprego “liderada por emprendedores”. Conde participou na entrega dos Premios Emprende Coruña 2015 organizados por AJE Coruña, que inclúen os galardoes Premio Joven Empresario 2015 e Premio AJE Junior 2015, así como un recoñecemento a varias compañías pola súa excelencia na innovación, a creación de emprego e a internacionalización.

Conde resaltou a aposta dos galardoados por ver “portas onde outros empresarios teñen visto muros” e facer de A Coruña e Santiago “un lugar máis creativo para vivir, con máis emprego, con máis ideas, e con máis benestar”, marcando “as coordenadas da Coruña, do Santiago e da Galicia, que queremos ser”.

O conselleiro resaltou aos membros de AJE Coruña como parte dunha nova xeración de talento emprendedor galego “que ten sido quen de estar a altura dos grandes empresarios do pasado que fixeron desta provincia o que é hoxe”, como Rubine, Bescansa ou os irmáns Núñez. E, neste senso, resaltou o apoio do Goberno galego a garantir ese pulo emprendedor, “derrubando barreiras como as licencias municipais de actividade, que eliminamos”, así como facilitando o asesoramento e o financiamento a través da Unidade Galicia Emprende, a Rede de Business Angels, as aceleradoras como Galicia Open Future, Vía Galicia ou Agrobiotech, e os 40 millóns de euros orzamentados pola Xunta para 2016 en apoio ao emprendemento.

“Con ese esforzo aspiramos a acompañarvos para facer realidade os voso soños de cambiar Galicia para mellor, facendo de ponte entre as vosas ideas e os vosos negocios”, resaltou o conselleiro, que salientou ese liderado como “unha responsabilidade” en tanto que os galegos “vos teñen aos emprendedores como exemplo e guía”.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada