‘Conversacións’ permite ler a san Josemaría sobre cuestións actuais en galego

Araceli Filgueira

Araceli Filgueira, filla do intelectual galeguista José Fernando Filgueira Valverde. Fotografiada por Grupo ES. en 2014.

Tras ‘Camiño’ (1968 e 1991) e ‘Vía Crucis’ (2006) editados por Edicións Rialp, e ‘Santo Rosario’ (2013) editado por Follas Novas Edicións, publicouse ‘Conversacións’ -Conversaciones con Mons. Escrivá de Balaguer, en título original, tamén da man desta editorial.

O libro, orixinariamente editado en 1968 na súa primeira edición, recolle sete entrevistas que concedeu san Josemaría, entre 1966 e 1968, a Le Figaro, The New York Times, Time, L’Osservatore della Domenica e a varias revistas españolas (Telva, Gaceta Universitaria e Palabra). Neste libro, o fundador do Opus Dei responde as preguntas que lle fan sobre a Igrexa e o Concilio -que acababa de concluír-, os dereitos e liberdades individuais, a vida universitaria, a muller e a sociedade, o Opus Dei, a comunicación, entre outras.

Araceli Filgueira, filla do intelectual galeguista José Fernando Filgueira Valverde, xa realizara a tradución ao galego de ‘Santo Rosario’ e agora engade ao seu traballo traductor, ‘Conversacións’.

Este libro, Conversaciones con Mons. Escrivá de Balaguer,  foi publicado por primeira vez no último trimestre de 1968 en castelán, inglés, italiano e portugués. Despois apareceu tamén en francés, alemán, catalán, neerlandés, polaco e chinés. En total publicáronse, até a data máis de 400.000 exemplares.

Esta edición en galego xa foi presentada en Santiago, A Coruña e Lugo. Esta tarde en Vigo (

Casa del Libro”, en Velázquez Moreno, 27, ás 20.00 horas, e intervendrán:

–  Ricardo García Machuca, periodista (moderador)

–  Isabel Dans, doctora en Innovación Educativa. Profesora

–  Araceli Filgueira, traductora del libro

–  Rafael Silva, editor de Follas Novas y teólogo

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada