O Castelo de Salvaterra convértese nunha gran ‘champañeira’ para a 2ª Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas

IMG_20151204_184552Na tarde do venres todo é actividade no Castelo de Salvaterra. Instalouse unha enorme carpa de 1.000 metros cadrados, que ocupa a franxa desde a Casa do Viño ata a entrada das covas de Dna. Urraca. Esta acollerá unha parte das actividades cos espumosos.

Dúas cores nas mesas, branco e negro, contrastan co tamén branco da carpa. Sobre as mesas negras unha planta de ciclamio branco. O solo vai recuberto de moqueta gris claro. Dos testos xigantes brancos con luz interna e coroados co vermello da planta coñecida por Estrela de Nadal. Moita luz haberá xa que as paredes da carpa son transparentes. Ao fondo o stand do Concello de Salvaterra.

Na planta superior das Covas de Dona Urraca as adegas da DO Rías Baixas van expoñer os seus produtos. A parte baixa, é a zona das catas. Fóra, na casa do viño, o chef Paco Corral vai facer harmonías ou maridaxes con produtos do mar e da terra con espumosos galegos.

O Castelo de Salvaterra xa é como unha gran champañeira disposta a empezar a destaponar os espumosos Rías Baixas, á vez que teñen lugar actuacións musicais en vivo.

Espéranse autoridades da Xunta, directivos do Consello Regulador Denominación de Orixe Rías Baixas e moito público disposto a degustar e comprar os espumosos dunhas dez adegas que elaboran estes produtos.

Todo un reto para crear tendencia en Galicia en canto ao consumo de espumosos. De consumilos coa sobremesa, xa estamos a aprender a degustalos con aperitivos, con peixe e con carne. Non hai problema en que un xantar sexa todo con espumoso.

Desde 2012, en que a lexislación o permite, algunhas adegas lanzáronse a esta aventura. Aínda que non coa calma que precisa o viño espumoso que ha de estar polo menos 18 meses se non 24, para que gañe en calidade.

Mais aí están os nosos espumosos, polo menos, para plantarlle cara  -que non competir que sería imposible a estas alturas- aos espumosos alleos de champagne, cava ou os proseccos italianos. É un novo camiño complementario para as adegas.

No mundo é tendencia; agora; beber espumoso e, cada vez vai, a máis. Veremos se en Galicia –por arte da globalización- ocorre o mesmo.

DIPTICO INTERIOR_PEQ

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada