Desatáronse as burbullas dos espumosos en Salvaterra

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Un grupo de visitantes brinda no stand dunha das adegas nas covas de Dona Urraca.

Coa actuación da banda de gaitas A Pontenova, de  Salvaterra de Miño, comezou a 2ª edición da Festa dos Viños Espumosos da Denominación de Orixe Rías Baixas. O alcalde Arturo Grandal estaba acompañado do seu homólogo de Mondariz, Xoán Carlos Bugarín Montes ‘Calis’, así como do presidente da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, Antonio Alén, xunto coa tenente de alcalde, Marta Valcárcel e o concelleiro Micael Domínguez, entre outros. Tamén os expertos do mundo do viño, Pepe Beiro e  Luís Paadín co seu fillo Alejandro.

A elegante carpa lucía impoñente. A zona das mesas –tamén elegantemente revestidas de negro con cadeiras en branco tiñan o contraste dun ciclamino vermello.

As dez adegas da DO Rías Baixas están presentes con ‘stands’. A comitiva oficial, con Arturo Grandal, Antonio Alén e Pepe Beiro pasou por cada espazo, degustando de cando en vez algún espumoso.

Na sesión de degüelle, non foi posible ver abrir con sable unha botella. Varias botellas de distintas marcas resistíronse ao campión de embaixador do Champagne, Alejandro Padín, e finalmente abríronse quitando a rolla como é habitual para convidar.

Os posto oficial comezou a vender botellas de espumoso, para consumir alí ou para levar, das 10 adegas presentes que son a totalidade das que fan viño espumoso na DO Rías Baixas.

A medio día as mesas empezaron a ter público que demandaba produtos galegos cos espumosos.

Esta tarde, a partir das 18.00 horas, Luís Padín impartirá un curso de iniciación ao mundo dos espumosos. E ás 19.00 horas, o chef Paco Corral fará maridaxes ou harmonías con distintos pratos e espumosos. Pola noitiña actuación musical en vivo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada