Tarde de catas de espumosos e á busca de harmonías en Salvaterra

OLYMPUS DIGITAL CAMERAA tarde do sábado a impoñente carpa albergou centos de persoas á procura dos espumosos Rías Baixas. Nas covas de Dona Urraca, o experto Luís Paadín impartiu o seu curso de iniciación aos viños espumosos.

Na noitiña, na casa do Viño coa axuda do restaurante Veiramar houbo toda una lección de harmonías con mariscos e peixes. As navallas, ameixas, ostras e camaróns foron maridados cos espumosos así como a pescada e a lamprea. Luís Paadín deu unhas breves indicacións sobre as harmonías.

Arturo Grandal convidou ao presidente da Cámara de Monçao, Augusto Domingues, que veu acompañado do presidente da freguesía de Monçao.

Conforme avanzaba a tarde a carpa foi recibindo máis e máis xente que mercaba botellas de viño espumoso para degustar placidamente nunha mesa acompañada de familiares ou amigos. No escenario un grupo poñía a nota musical.

Mañá domingo segue a festa a partir das 11.00 horas. O nomeamento de novos confrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos celebrarase ás 12.00 horas. Unha hora máis tarde o showroom de Luís Paadín co seu brinde. Pola tarde, desde as 18.00 horas, cata popular de viño espumosos.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada