Grandal anuncia a apertura da Casa do Viño entre marzo e abril na Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO alcalde de Salvaterra Arturo Grandal anunciou hoxe que, entre marzo e abril,  abrirá as súas portas á Casa do Viño na antiga casa do Conde, no Castelo de Salvaterra. Será un lugar representativo da gastronomía e dos viños da comarca e faranse degustacións deste produtos. 

Ademais, a Festa do Viño Espumoso engadirá unha cata profesional de espumosos ás súas actividades. Por outra parte, o alcalde adiantou que se está a estudar a posibilidade de invitar adegas elaboradoras de espumosos de todas as denominacións de orixen abrindo deste xeito esta festa única en Galicia máis alá da DO Rías Baixas.

Na súa intervención o alcalde salvaterrense convidou a consumir espumoso galego todo o ano e non só en Nadal. Explicou a idoneidade dos viños espumosos para tomar con carne ou peixe.

Grandal amosuse emocionado ao remate da actuación de Bruxo Quimán e Andrea Pousa que fixeron unha dramatización sobre Salvaterra e a Raíña Dona Urraca con alusións aos viños espumosos e a comarca. Primeiro nas covas, antes do Capítulo da Confraría, e logo na carpa.

Isto sucedeu no Capítulo da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos na que ingresaron dous novos confrades numerarios, por unanimidade:  Pablo Bermúdez Pulleiro, co propietario de Adegas Cabanas das Bolboretas, e Xosé Antonio Tórres Gómez, director xerente de adegas Altos do Torona.  Os novos confrades foron investidos e xuraron defender os viños do Condado do Tea.

Asistiu o acto a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias alimentarias, Belén Docampo; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro;o presidente do Consello Regulador DO Rías Baixas, Juan Gil de Araújo.

Motísimo público achegouse na mañá do domingo a degustar os espumosos da DO Rías Baixas. Pola tarde, a festa continúa cunha cata popular de espumosos.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada