Salvaterra programa un Nadal con variadas e múltiples actividades para desfrutar sen ter que saír da vila

A primeira tenente de alcalde, Marta Valcárcel, e o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal.

A primeira tenente de alcalde, Marta Valcárcel, e o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, no Nadal de 2007.

A concellería de Cultura do Concello de Salvaterra de Miño programou unha ampla serie de actividades, para todas as idades e todos os públicos durante o tempo de Nadal. Desde talleres de cociña ata campamento infantil, torneos deportivos, arte, feiras, concertos e a  tradicional Cabalgata de Reis. Estas actividades son de balde e tan só fai falta inscribirse a partir do 7 de decembro.

 PROGRAMA

Do 13 de decembro ao 10 de xaneiro de 2016, Exposición de Arte “Alén do Miño”.   Lugar: Castelo de Dona Urraca.

XOVES, 17  DE DECEMBRO   De 10.00 a 13.00h. Obradoiro de Adornos de Nadal para Adultos.  Lugar: Aula Casa de Cultura de Salvaterra.

VENRES, 18 DE DECEMBRO   Ás 21.30h. Concerto de Nadal do Coro Lacedurium e da Coral Ecos do Folón. Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.

SÁBADO, 19 DE DECEMBRO   Ás 18.00h, Representación da obra de Teatro Infantil “A meiga e o emperador”. A continuación presentación por parte da autora, Raquel Castro Martínez, de dúas publicacións teatrais.   Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.

19, 20, 21, 22, 23 e 24 de decembro    Tren “Chuchu” gratuíto, con saídas ás 10.00 – 12.00 – 13.00 – 16.00 – 17.00 e 18.00h (Eurocidade Salvaterra – Monçao).  Saída: Entrada Parque Público A Canuda e parada de 45’ en Monçao.

LUNS, 21  DE DECEMBRO   De 10.00 a 13.00h, Campamento Infantil de Nadal.  Idades:  de 5 a 10 anos.   Lugar: Biblioteca Municipal.

De 10.30 a 12.30h, Obradoiro de Cociña Infantil “Elaboración de Galletas”. Idades:  de 6 a 10 anos.  Lugar: Cociña Parque Público A Canuda.

De 11.00 a 13.30h e de 16.00 a 18.00h, Torneo Solidario de Fútbol Base das Escolas Deportivas de Salvaterra.     Lugar: Instalacións Deportivas Casal.

De 17.00 a 20.00h, Curso de Cociña de Nadal  “Aperitivos “ (3 días) para Adultos.  Lugar: Cociña Parque Público A Canuda.

MARTES, 22  DE DECEMBRO   De 10.00 a 13.00h, Campamento Infantil  de Nadal.  Idades:  de 5 a 10 anos.  Lugar: Biblioteca Municipal.

De 10.30 a 12.30h, Obradoiro de Cociña Infantil “Elaboración de Cupcakes”. Idades:  de 11 a 15 anos.   Lugar: Cociña Parque Público A Canuda.

De 11.00 a 13.30h e de 16.00 a 18.00h, Torneo Solidario de Fútbol Base das Escolas Deportivas de Salvaterra.  Lugar: Instalacións Deportivas Casal.

De 17.00 a 20.00h, Curso de Cociña de Nadal  “Prato principal“ (3 días) para Adultos.        Lugar: Cociña Parque Público A Canuda.

MÉRCORES, 23 DE DECEMBRO   De 10.00 a 13.00h, Campamento Infantil  de Nadal.  Idades:  de 5 a 10 anos.  Lugar: Biblioteca Municipal.

De 10.30 a 12.30h, Obradoiro de Cociña para moz@s “Elaboración de Entrantes”. Idades:  de 16  a 18 anos.  Lugar: Cociña Parque Público A Canuda.

17.00h, CINE INFANTIL, “Hogar dulce Hogar”. Lugar: Salón da Casa de Cultura de  Salvaterra

De 17.00 a 20.00h, Curso de Cociña de Nadal  “Postre de Nadal“ (3 días) para Adultos.     Lugar: Cociña Parque Público A Canuda.

XOVES, 24  DE DECEMBRO   Ás 16.00h, Visita de PAPA NOEL. Chegará en barco polo Río Miño  ao  embarcadoiro e fará un percorrido polas rúas da Vila. Ás  17.00h estará na Praza do Concello, onde recibirá aos máis cativos.

VENRES, 25  DE DECEMBRO   Ás 19.00h, Concerto de Nadal da Banda de Música de Salvaterra.   Lugar: Salón da Casa de Cultura de  Salvaterra.

SÁBADO, 26 DE DECEMBRO   De 10.00 a 18.00h, Feira de Nadal da Asociación Post’arte de Monçao.   Lugar: Praza do Concello.

19.00h, SAN SILVESTRE SOLIDARIA de Salvaterra a Monçao – 5km. Os participantes deberán traer algún alimento non perecedoiro.  Saída: Praza do Concello.

Ás 20.00h, Festival de Nadal da A.C. Pontenova.   Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.

DOMINGO, 27 DE DECEMBRO   De 10.00 a 18.00h, Feira de Nadal da Asociación Post’arte de Monçao.    Lugar: Praza do Concello.

LUNS, 28  DE DECEMBRO   De 10.00 a 13.00h, Campamento Infantil de Nadal.  Idades:  de 5 a 10 anos.    Lugar: Biblioteca Municipal.

MARTES, 29  DE DECEMBRO   De 10.00 a 13.00h, Campamento Infantil de Nadal.  Idades:  de 5 a 10 anos.   Lugar: Biblioteca Municipal.

MÉRCORES, 30  DE DECEMBRO   De 10.00 a 13.00h, Campamento Infantil de Nadal.  Idades:  de 5 a 10 anos.   Lugar: Biblioteca Municipal.

Ás 17.00h, CINE INFANTIL, “Asterix: La residencia de los dioses”.  Lugar: Salón da Casa de Cultura de  Salvaterra.

SÁBADO, 2  DE XANEIRO   De 10.30 a 13.30h, Hinchables.   Lugar: Praza do Concello.

DOMINGO, 3 DE XANEIRO   Ás 20.00h, Concerto de Ano Novo do Coro Cantemos.       Lugar: Salón da Casa de Cultura de  Salvaterra.

MARTES, 5  DE XANEIRO

A partir das  4 da tarde, “CABALGATA DE REIS”, na Praza do Concello

As súas Maxestades chegarán a Salvaterra dende a Ponte Internacional, e recibirán aos máis cativos na Praza do Concello.

 

Estas actividades son totalmente gratuítas.   Para poder participar en calquera dos obradoiros, tanto de Adultos como Infantís, é preciso inscribirse no Concello, a partir do día 7 de decembro.

Máis información e inscricións no 986 658 082. PRAZAS LIMITADAS

No caso de choiva  a actividade  do día 24 (Visita de PAPA NOEL),  realizarase no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra e a do día 2 de xaneiro (Hinchables na Praza do Concello) suspenderase.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada