O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, entrega o premio Victoriano Taibo a Iñaki Varela polo poemario ‘Do outro lado das portas’

A entrega do VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo terá lugar o próximo sábado día 12, ás 19.30 horas, no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar . El premio consiste en 3.000 euros en metálico e unha peza escultórica conmemorativa da autoría do artista miñorán Fino Lorenzo, e a publicación do libro premiado, Neste caso o poemario é Do outro lado das portas, que será presentado neste acto.

 Na gala participarán, ademais do autor, Iñaki Varela Pérez, a poeta gondomareña Marta Dacosta, que conducirá o evento, o grupo de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, e o grupo de teatro afeccionado Bertorella, que, dirixido por Luís Carballo, porá en escena unha dramatización de Contos pequenos, obra inédita de Victoriano Taibo. A entrega física do galardón correrá a cargo do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e clausurará esta actividade, previsiblemente, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.

“Este certame literario pasa por un momento moi difícil, pois necesita para ter continuidade o compromiso decido das administracións da zona; por iso desexamos acadar unha asistencia importante en apoio da consecución dun novo acordo que relance e consolide o prestixioso Premio de Poesía Victoriano Taibo” explican desde o Instituto de Estudios Miñoranos, IEM. .

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada