O Consello de Bioética de Galicia queda constituído tras celebrar a súa primeira reunión

O Consello de Bioética de Galicia quedou constituído esta mañá tras celebrar a súa primeira reunión nas dependencias da Consellería de Sanidade. Na xuntanza os vogais do órgano designaron, por unanimidade, a José Antonio Seoane como o seu presidente e a Ana Concheiro Guisán como a súa vicepresidenta.

Deste xeito, e segundo quedou establecido na Orde do 16 de outubro de 2015 pola que se regulan as funcións, a composición, e o funcionamento do Consello de Bioética de Galicia -publicada no DOG do martes 27 de outubro-, o órgano consultivo queda oficialmente constituído cos seguintes integrantes:

Presidente:
José Antonio Seoane
Vicepresidenta:
Ana Concheiro Guisán
Secretaria:
Teresa Conde Cid
Vogais:
Rosendo Bugarín González
Natalia Cal Purriños
Olivia Díez Lindín
Irene Esperón Rodríguez
Mariana García García
Ana Guillén Vilanova
Xurxo Hervada Vidal
Victoria Lojo Vicente
Manuel Macía Cortiñas
María Ponte García
Carmen Ramil Fraga
Alberto Ruano Raviña
Silvia Sánchez Radío
Carmen Solloso Blanco
Mónica Suárez Berea
Alfredo Valdés Paredes
Isabel Vila Iglesias

Órgano consultivo independente
A Consellería de Sanidade ten reforzado o carácter independente do Consello de Bioética de Galicia tras establecer que a persoa titular da presidencia sexa elixida de entre os vogais que conforman o órgano.

O Consello de Bioética de Galicia constitúese como un órgano colexiado de carácter permanente, consultivo, independente e interdisciplinar que ten como finalidade asesorar, nos aspectos éticos da práctica sanitaria do Sistema de Saúde de Galicia, ás entidades, organizacións e institucións de carácter sanitario, tanto públicas como privadas, e ser foro de referencia do debate bioético na sociedade galega.

Ao ampliar o abano das titulacións dos membros do Consello de Bioética de Galicia (ciencias da saúde, humanidades e ciencias xurídicas e sociais), a Consellería de Sanidade dá un novo impulso á bioética na procura de afondar no debate social sobre esta materia.

O Consello queda adscrito organicamente á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, que será a encargada de asegurar o seu funcionamento (con anterioridade, o Consello dependía da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde).

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada