A san Silvestre solidaria entre Salvaterra e Monçao terá un percorrido urbano de 5 quilómetros entre as dúas vilas

Un momento da presentación cos dous tenentes de alcalde, Paulo Jorge M- Esteves e Marta Valcárcel Gómez, xunto co concelleiro de Deportes de Salvaterra, Ernesto Groba, e a responsable de deportes de Monçao, Magda Sofia Pinto.

Un momento da presentación cos dous tenentes de alcalde, Paulo Jorge M- Esteves e Marta Valcárcel Gómez, xunto co concelleiro de Deportes de Salvaterra, Ernesto Groba, e a responsable de deportes de Monçao, Magda Sofia Pinto.

A san Silvestre Solidaria Salvaterra–Monçao 2015 terá un percorrido de 5 quilómetros que discorren ao longo dos dous cascos urbanos. Este ano a saída será dende a Praza do Concello de Salvaterra, ás 19.00h, percorrerá parte das rúas desta vila, cruzará a Ponte Internacional e remata na Praça de Deu-La-Deu, en Monçao.

Cartel da proba deportiva.

Cartel da proba deportiva.

Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal e das diferentes actividades que se están promovendo dentro da Eurocidade Salvaterra–Monçao. Nesta presentación, estiveron os dous tenentes de alcalde, Paulo Jorge M- Esteves e Marta Valcárcel Gómez, xunto co concelleiro de Deportes de Salvaterra, Ernesto Groba, e a responsable de deportes de Monçao, Magda Sofia Pinto.

As inscricións estarán abertas  ata o día 23, a través deste mail  ou no teléfono 986 658 082. Tamén se poderá inscribir antes de empezar a carreira. Os primeiros inscritos serán agasallados cun gorro de Papa Noel e cada participante deberá traer algún tipo de alimento non perecedoiro que irá destinado ao Banco de Alimentos Municipal.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada