Salvaterra entrega paquetes de alimentos para o Nadal

IMAG0659_1

La teniente de alcalde, Marta Valcárcel, en el almaén de las provisiones.

O Concello de Salvaterra de Miño, a través do Departamento de Servizos Sociais,  está inmerso en plena campaña de entrega de alimentos non perecedoiros ás  familias que están pasando por unha situación complicada, esta entrega de alimentos faise mensualmente a través dos alimentos doados, enviados por Cruz Vermella e os adquiridos polo propio Concello, co fin de conseguir unha dieta o máis equilibrada posible.

Este é o último mes do ano e o mes de Nadal, polo cal os paquetes de Nadal van implementados con algúns  produtos típicos destas datas e de agasallos para os máis cativos da casa, co fin de que todos no fogar poidan desfrutar dunhas datas tan especiais, sobre todo para os nenos e nenas.

Ao longo do ano, o Concello atende máis de 200 persoas, entre as que se encontran un número elevado de menores, os que se lles presta unha especial atención, polo cal dende o Departamento de Servizos Sociais, dirixido pola Concelleira e primeira tenente de alcalde  Marta Valcárcel Gómez, dan as grazas a todas aquelas persoas e organismos que durante todo o ano colaboran con este programa de Alimentos.

 

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada