‘Do outro lado das portas’, unha reflexión e busca entre o persoal e o social

O premiado, Iñaki Varela co alcalde de Gondomar, Paco Ferreira (i) e o ex presidente da ELM de Morgadáns, Urbano Esmerode.

O premiado, Iñaki Varela co alcalde de Gondomar, Paco Ferreira (i) e o ex presidente da ELM de Morgadáns, Urbano Esmerode.

Non era poeta. Pero a vida quixo que nun parón profesional quizá un ano sabático –é profesor de Historia, Xeografía e Arte de Instituto- quisexe valorar a súa capacidade poética e ter unha xustificación para escribir de  xeito sistemático. Tan só contaba coa única bagaxe da poética da adolescencia e as lecturas realizadas. O resultado non puido ser máis frutífero, VIII premio Victoriano Taibo e publicación do seu poemario ‘Do outro lado das portas’.

Así Iñaki Varela Pérez atopouse consigo mesmo, reflexionou sobre a súa vida e sobre a da colectividade. Activista en distintas asociacións na súa poética aflora a preocupación social, cívica. As relación afectivas, como a súa familia, son tamén material poético.

‘Do outro lado das portas’ é a busca entre o persoal e o social. Varela, curiosamente, non sabía neste acto se vai seguir no mundo poético.

Na entrega do premio Victoriano Taibo a cargo do Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, Varela fixo un xogo poético para amosar o valor da palabra.

No acto, tamén se descubriu que o Victoriano Taibo ten novo valedor, o Concello de Gondomar, tras recuar o novo presidente da Entidade Local Menor de Morgadáns. O alcalde Paco Ferreira anunciou queapoiará o premio pola traxectoria e prestixio do IEM, así como tamén a edición das Contos pequenos, obra inédita de Victoriano Taibo da que o grupo de teatro afeccionado Bertorella, dirixido por Luís Carballo, tan ben representou algunhas pezas no transcurso do evento.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada