Salvaterra mantén aberto o prazo de inscrición para Desfile de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea ata o día 2 de febreiro

Edición do Enterro da Lamprea no Entroido de 2015.

Edición do Enterro da Lamprea no Entroido de 2015.

O Desfile de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2016, que terá lugar o sábado 13 de febrero, ás 18.00 horas ten aberto o prazo de inscrición ata o día 2 de febreiro. A inscrición farase na Casa do Concello en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 e os sábados de 9.00 a 13.00 horas. Tamén, os partipantes poden recoller as bases da convocatoria, onde figura a documentación que teñen que presentar ou consultala na páxina do Concello.

Os premios por participación de comparsas son de 150 euros para as integradas por máis de 50 participantes e 100 euros para as de entre 20 e 50 participantes.

As carrozas tamén van ser premiadas segundo o número de participantes. Así de 25 a 50 recibirán 200 euros;  as de 50 a 100, 400 euros; e as de máis de 100 participantes, 600 euros.

Ademáis dun mínimo de 25 participantes as carrozas que concursen cómpre que teñan unha lonxitude mínima de 5 metros de longo. Tanto as comparsas como as carrozas, segundo as bases do concurso, deberán “gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación”. As bases do concurso rexeitarán aquelas carrozas ou comparsas que “repitan, no sustancial”, o disfrace de anos anteriores.

A saída do desfile de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2016 é dende a rúa Rosalía e descorre o desfile pola rúa Castelao, Fonte da Vila, Dona Urraca e praza do Concello.

A concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, anima a participar a tódolos veciños, especialmente aos nenos e nenas de Salvaterra e doutras localidades. “O Enterro da Lamprea é un defile de entroido xa consolidado na nosa vila que atrae pola súa singularidade no sábado de Entroido a moita xente”.

PROGRAMACIÓN DE ENTROIDO

Igual que todos os anos, o Concello ofrece unha programación diversa en Entroido, focalizada especialmente nos máis cativos. Así tanto o sábado como o luns, días 6 e  8 de febreiro, terán lugar diversos obradoiros centrados no Entroido.O martes 9 de febreiro celebrarase o xa tradicional Festival Infantil na Casa de Cultura, con karaoke e concurso de disfraces. O mércores 10, é día de actividades ao aire libre na praza do Concello e o día 13 de febreiro ponse punto e final co Enterrro da Lamprea.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada