A Xunta incrementa nun 10% o orzamento para apoiar o traballo dos consellos reguladores de viño de Galicia

Guía viños

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo autor do libro, Luís Paadin, e o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, presidiu a presentación da Guía de viños, destilados e adegas de Galicia 2016. Na Casa de Galicia

A Xunta aposta polo fomento e promoción do viño galego, como sector estratéxico para a Administración autonómica, cun incremento do orzamento destinado a consellos reguladores vitivinícolas dun 10%. Ademais, o Goberno galego está dedicando máis esforzos á investigación en materia de calidade agroalimentaria, tamén no que atinxe a este eido do viño.

Así o destacou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, esta tarde en Madrid, na presentación da “Guía de viños, destilados e adegas de Galicia 2016”, obra do prestixioso especialista galego Luis Paadín.

Neste acto –que tivo lugar na Casa de Galicia en Madrid e que contou coa presenza do seu director, José Ramón Ónega–, a conselleira salientou que este apoio ao mundo do viño ponse de manifesto tamén coa concesión de axudas por importe de 1,6 millóns de euros no 2014 para sufragar os gastos dos controis de calidade, funcionamento e promoción dos consellos reguladores das 5 denominacións de orixe vinícolas de Galicia e da de Augardentes.

Para glosar o pulo do viño galego, Ángeles Vázquez lembrou os principais datos de produción das D.O. de viño de Galicia. Así, salientou que integran baixo o seu selo un total de 16.371 viticultores e 448 industrias, cunha produción total de preto de 50.000 toneladas e un valor estimado que supera os 153 millóns de euros.

Datos da guía de viños
A Guía de viños galegos presentada esta tarde na capital de España incorpora case 600 referencias, coas súas correspondentes notas e comentarios de cata. Ademais, aparecen preto de 1.600 marcas de viños e 544 adegas e destilerías, practicamente todas as da nosa Comunidade. Para a elaboración desta publicación probáronse máis de 1.000 botellas.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada