Servicios Sociais de Salvaterra atendeu directamente as necesidades básicas de máis de 250 veciños no ano 2015

servicios socialesO Concello de Salvaterra de Miño, a través da Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Marta Valcárcel, recolleu máis de 3.500 quilogramos de alimentos nesta pasada campaña de Nadal 2015-2016.

Desta forma, as máis de 250 persoas, entre as que se atopan un elevado número de menores, que atende mensualmente os Servizos Sociais, puideron pasar dunha maneira o máis normalizada posible unhas datas tan significativas, nesa mesma liña foron entregados diversos xoguetes as familias con nenos, aínda que este traballo se estende a todos os meses e días do ano.

Os alimentos en doazón proceden de organismos como Cruz Roja, da compra mensual que realiza o propio Concello para completar unha cesta de alimentos equilibrada e da colaboración de  empresas, da recollida en centros escolares ou foron froito da recollida en diversas actividades.

Desde a súa creación en 2009, o Banco de Alimentos Municipal leva repartido máis de 82.000 quilogramos de comida a familias salvaterrenses que están a pasar por unha situación delicada.

Pero o traballo que realiza Servicios Sociais no Concello non se queda exclusivamente nesta línea de actuación, dende a Concellería destacan as axudas para a adquisición de  libros e material escolar para nenos de infantil, Salvaterra foi un dos primeiros Concellos en ofrecer esta liña de axudas e as axudas de emerxencia Social  que están destinadas a pagos puntuais como recibos de luz, gas, aluguer, ou gastos extraordinarios, etc. Estas solicitudes tramítanse a través de Servizos Sociais, que examina e analiza as solicitudes unha por unha, tendo en conta todas as casuísticas da unidade familiar así como os ingresos e gastos familiares.

En total Servicios Sociais de Salvaterra atendeu directamente no ano 2015 as necesidades básicas de máis de 250 veciños, segundo datos facilitados pola concelleira Marta Valcárcel.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada