Ónega, premio Diego Bernal: “Tal como está a situación política, a prensa, no máis amplo sentido, volve ser un instrumento de salvación”

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Fernando Ónega con el premio Diego Bernal tras la entrega del presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, y del presidente de la APG, Arturo Maneiro.

Fernando Ónega é o flamante premio Diego Bernal 2016 desde hoxe ao recibilo de mans do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e do presidente da Asociación de Periodistas de Galicia, Arturo Maneiro. Diante de case 150 xornalistas que celebraban o patrón, san Francisco de Sales, Ónega fixo unha autocrítca da situación da profesión xornalística.

“Nunca se falou tanto de información desarticulada. Hai unha praga de periodismo cidadán nas redes sociais das que profetizou Leguineche: ‘o cuarto poder en ningún caso é a prensa; o cuarto poder é o cotilleo’. Perdemos credibilidade; a televisión converteuse nun novo parlamento e está a producir a perversión dos  contidos ideolóxicos sempre previsibles e polo tanto traidores ao compromiso da neutralidade política; deixamonos dominar pola ditadura do público; danse os contidos que o público reclama sobre todo na televisión. A realidade da globalización está a matar o mundo local; estamos todos a facer un periodismo declarativo máis que un periodismo de feitos; enxalzamos as naderías; damos grandes espazos á ignorancia; temos medios en campos de loita polo poder”.

Citando a un político español, Ónega concluíu: “Despois da ansiedade pola liberdade de prensa, a ansiedade de hoxe é recuperar a dignidade da prensa”.

Fernando Ónega cualificou o oficio de periodista como “o mellor do mundo; segue a ser vocacional; segue a ser vontade de servir; segue a ser un instrumento de convivencia”.

“Agora que se lembra tanto a Transición eu teño un soño”, dixo o xornalista premiado. “Que os medios informativos volvan a facer o labor que daquela fixeron; que sexan motores das transformación que este país precisa; que afronten a responsabilidade que outras veces afrontaron de forma superior á clase política; que dean voz a quen non ten voz; que unan os pobos de España como corresponde á comunicación; que denunciemos as marxinacións que son as que están a deterioralo todo; que saibamos elevar ás autoridades públicas os sentimentos das xentes e que a base de contar a realidade axudemos a facer un país de sentido común. Tal como está a situación política, a prensa, no máis amplo sentido, volve ser un instrumento de salvación. Simplemente, grandemente, porque nós non xulgamos ningún poder, xulgamos a busca da verdade”.

FEIJÓO

Pola súa parte, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que o discurso de Ónega era “un discurso dunha enorme honestidade”.

“Ónega -seguiu o presidente da Xunta- practica un xornalismo que sendo incisivo, non necesita pedir. Que, recollendo unha actualidade que o tópico chama palpitante, non ten que provocar hipertensión. Non vemos nel o Larra atormentado que acababa onde acababa senón alguén alleo ao lirismo ou que poderiamos imaxinar noutro tempo contando a súa crónica nunha casa da aldea chea de veciños durante as festa do patrón”.

E referiuse a Transición e como tras esta, parafraseando a Umbral, “está a pluma de Fernando Ónega”. Sobre os medios nesta etapa española engadiu que “a Transición foi clave. Neste momento os medios de comunicación temén son claves”.

E concluiu o presidente da Xunta de Galicia: “Podo dicir e digo, que este premio galardoa a un profesional ao que seguimos a necesitar”.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada