O Concello de Salvaterra deseñou un atractivo programa de Entroido para os cativos do municipio

Unha nena dun colexio de Salvaterra disfrazada no Entroido 2007.

Unha nena dun colexio de Salvaterra disfrazada no Entroido 2007.

“Nas celebracións de Entroido pensamos especialmente nos cativos do municipio organizando actividades axeitadas e divertidas para tódolos nenos e nenas”, explica a Tenente de Alcalde e Concelleira de Educación, Marta Valcárcel.

Así, o programa comeza o venres, 5 de febreiro cun Desfile de Entroido coa participación dos centros educativos de Salvaterra. O desfile partirá da praza do Concello cara ao Parque de A Canuda, onde se realizarán diversas actividades e os centros contarán cun grupo de animación infantil. En caso de choiva, trasladarase ao pavillón de Leirado.

O sábado 6 de febreiro, Obradoiro Infantil de Disfraces para nenos e nenas a partir dos 6 anos, entre 11.00 e 13.00 horas, terá lugar na casa de Cultura do Concello.

O Obradoiro Infantil de Máscaras, para nenos e nenas a partir dos 6 anos,  vai ser o luns 8 de febreiro tamén de 11.00 a 13.00 horas, na Casa de Cultura do Concello.

Programa do Entroido Infantil de Salvaterra.

Programa do Entroido Infantil de Salvaterra.

Para participar nos obradoiros de Disfraces e Máscaras cómpre inscribirse no Concello (986 658 082).

O martes 9 celebrarase o gran Festival Infantil a partir  das 17.30, na Casa de Cultura do Concello. Haberá chocolate, rosca e Karaoke xunto co Concurso de Disfraces. As bases para este concurso poden atoparse na web do Concello de Salvaterra (www.concellodesalvaterra.org).

O mércores 10, haberá Xogos Infantís para os mais cativos,  dende as 16.30 horas, na praza do Concello. En caso de choiva, suspenderanse.

E, finalmente, o sábado 13,  Enterro da Lamprea, ás 19.00 horas. Prégase acudir de rigoroso loito.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada