Xantar acollerá a final do concurso ‘Cociñar con Viño’

Os días 3 e 4 de febreiro no marco do Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR, celebrarase a fase final do IV Concurso Gastronómico Viña do Campo “Cociñar con viño” que organiza Bodegas Docampo.

O día 3, a partir das 5 da tarde, se desenvolverá a final para as recetas finalistas na modalidade de Afeccionados e o día 4 a correspondente a alumnos de centros e escolas de Hostalería.

Finalistas

As recetas finalistas na modalidade de Afeccionados son “Torrijas de viño tinto con compota de mazá” de Anabel Rodríguez; “Ceviche de trucha da terra en Viña do Campo” de Jose Manuel Martínez Mayo e “Canelón de tinto mencía, recheo de xarrete estofado ao viño tinto, sobre cama de fabas de Lourenzá e con xelatina de viño mencía” de Rubén Amorín Díaz.

En canto ás recetas finalistas presentadas por alumnos son “Solombo de bacallau con chorume de ananás e concentrado de Viña do Campo mencía” de Juan Luis Fernández y Francisco Silva González, alumnos do IES Vilamarín; “Nido de calabacín con Langostino e arroz ao viño” de Alberto Castro Lomba e “Merluza ao xenxibre con pataca” de Alejandro Andrade Álvarez, ambos alumnos da Escola de hostelería da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra.

Os concursantes durante a presentación do prato ante o xurado deberán explicar a súa composición  así como sus características. É obrigatorio maridar os pratos con calquier viño, branco ou tinto, de Bodegas do Campo. Cada participante disporá de 60 minutos para a elaboración e presentación do prato e posterior degustación do mesmo por parte do xurado. Este puntuará considerando a elaboración do prato, a presentación, degustación da mellor maridaxe do prato  e utilización de ingredentes da zona.

Os premios establecidos para ambas modalidades son os seguintes: primeiro premio 400€ e diploma; segundo premio 180€ e diploma e terceiro premio 125€ e diploma.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada