Xantar conta coa Aula Gastronómica Mar by Singular Kitchen

The Singular Kitchen súmase unha vez máis a Xantar, facilitando o equipamento e soporte técnico da Aula Mar

The Singular Kitchen súmase unha vez máis a Xantar, facilitando o equipamento e soporte técnico da Aula Mar

A empresa especializada na fabricación e montaxe de cociñas, The Singular Kitchen, colaborará por segundo ano consecutivo en Xantar equipando unha das aulas gastronómicas do salón. Nesta ocasión, será a reservada para celebrar as actividades organizadas pola Consellería do Mar, entre outras. The Singular Kitchen convértese así en colaborador de Xantar como reflicte o convenio asinado entre a directora adxunta de Expourense, Emma González, e a representante da filial da empresa en Ourense, Josefa López.

A Aula Gastronómica Mar by Singular Kitchen será unha das tres coas que contará a 17ª edición de Xantar que se celebra en Ourense entre o 3 e o 7 de febreiro. Esta aula estará equipada coas últimas tendencias tanto en equipamento como en electrodomésticos e mobiliario. Nela impartiranse unha vintena de actividades entre as que destacan as que organizará a Consellería de Mar baixo o título “Os sabores do mar de Galicia” no que participarán prestixiosos cociñeiros galegos como Flavio Morganti, Álvaro Villasante, José Manuel Mallón, Lucía Freitas ou Emma Pinal, e que maridarán os seus pratos con viños das cinco Denominacións de Orixe de Galicia. Neste Aula tamén se celebrará a final do Concurso Cociñar con Viño que promove Bodegas Docampo e faranse exhibicións de cociña de varias cámaras municipais do Porto e Norte de Portugal, entre outras.

The Singular Kitchen é unha empresa de cociñas, que naceu no ano 2004 grazas a varios profesionais do sector, que decidiron unirse e crear esta empresa vangardista, tecnolóxica e de calidade. Conta con tendas físicas por toda España, en concreto en Galicia hai 4 tendas, unha das cales se atopa na cidade de Ourense. Pretenden converter a experiencia de compra dunha cociña en algo exclusivo, único e diferente. Son a primeira marca de cociñas en implementar: transparencia, preocupación social, educación infantil con educckitchen, facer accesible o luxo de forma transparente. O seu reto e obxectivo diario consiste en achegar novas solucións ás necesidades actuais dos consumidores ademais de ofrecer un produto innovador para todo aquel que busque unha cociña singularizada á medida da súa familia.

IMG_20160129_191322

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada